Mariscador/a a Pé

Enténdese por mariscador/a a pé toda persoa física que se dedica de xeito continuado á recollida ou captura de mariscos procedentes de bancos naturais da zona intermareal.

 

 Competencias

  • Recoller ou capturar o marisco procedente de bancos naturais da zona intermareal.
  • Dominar as técnicas e artes usuais na recollida ou captura de mariscos e outras accións para o coidado e mellor aproveitamento do recurso, tales como limpeza, rareo, sementeira, emendas do substrato, etc.
  • Realizar os labores que lle correspondan nun plan de explotación dun banco marisqueiro.
  • Desenvolver a súa actividade dentro das normas vixentes, mesmo referidas á primeira venda.

 

 

 

Condicións para a obtención da titulación

Para a obtención da titulación de mariscador/a a pé, o alumnado deberá:

    • Realizar satisfactoriamente un curso de formación sobre os coñecementos teórico-prácticos.
    • Aprobar o exame teórico-práctico establecido para o efecto.

 

 

 

Condicións de acceso ó curso

Para o acceso ao curso de mariscador/a a pé, o alumnado deberá reunir os seguintes requisitos:

    • Ter feitos os 16 anos de idade.
    • Ter rematada a escolarización obrigatoria.

 

 

Duración do curso

A duración do curso non será inferior a 40 horas lectivas.

 

Asistencia ó curso

Os/as aspirantes deberán asistir con regularidade ao curso de formación.

 

Criterios de Avaliación

A proba de avaliación comprenderá a resposta a un cuestionario dun mínimo de 5 preguntas tipo test ou de resposta curta, por cada un dos módulos do programa, debendo responderse correctamente un 50%.

Realizaranse avaliacións continuas ó longo do curso, facendo media cos resultados da proba de avaliación para determina-la cualificación final de apto ou non apto.

 

Programa e Temporalización

Módulo PRODUCCIÓN

Parte Común

8 horas lectivas

1. O marisqueo como actividade económica en Galicia.

2. Xeneralidades sobre o medio mariño.

3. O marisqueo e as especies mariñas de interese marisqueiro.

4. Evolución dun banco natural: a explotación racional do recurso. Os plans de explotación.

5. O PERMEX e a Lei de infraccións en materia de protección de recursos.

 

 

Módulo PRODUCCIÓN

Parte Específica

4 horas lectivas

1. Os moluscos: ecoloxía, anatomía, bioloxía e principais especies.

2. O cultivo de moluscos mariños de interese comercial.

 

 

Módulo ORGANIZACIÓN

12 horas lectivas

1. A organización. Estructura, normas e participación.

2. As confrarías.

3. As Organizacións de Productores Pesqueiros (OPP).

4. Órganos da Comunidade Autónoma. A Administración autonómica.

 

 

Módulo COMERCIALIZACIÓN

6 horas lectivas

1. A comercialización dos recursos mariños.

2. A primeira venda. As lonxas.

3. A comercialización.

4. O proceso comercial.

 

 

Módulo XESTIÓN

4 horas lectivas

1. Marisqueo e xestión.

2. O imposto do valor engadido (IVE).

3. O imposto das persoas físicas (IRPF).

4. O sistema español de Seguridade Social.

 

 

Módulo SEGURIDADE

5 horas lectivas

1. Principios xerais de seguridade e saúde laborais. A prevención de riscos laborais.

2. Principais riscos laborais do marisqueo.

3. Os equipos de protección individual (EPI).

4. Primeiros auxilios.

 

Exame

AVALIACIÓN

1 hora lectiva

Para a obtención do certificado de aptitude será preciso superar o exame correspondente.

Para acceder á proba de avaliación será preciso ter asistido ó 75% do horario lectivo.

Aos/ás aspirantes que superen a proba seralles emitida a correspondente certificación acreditativa.