Mariñeiro/a de Máquinas
O certificado de suficiencia de mariñeiro de máquinas da mariña mercante é o certificado de suficiencia expedido de acordó coa Regra III/4 do Convenio STCW e a Sección A-III/4 do Código de Formación necesario para todo mariñeiro que haxa de formar parte da garda na cámara de máquinas, ou que sexa designado para desempeñar cometidos nunha cámara de máquinas sin dotación permanente, a bordo dun buque mercante, según ven definido no artigo 2 punto 10 do Real Decreto 973/2009, do 12 de xuño, cuxa máquina propulsora principal teña unha potencia igual ou superior a 750 kW.
Atribucións |
|
|
|
Condicións para a obtención do Certificado de Suficiencia |
Para a obtención do título profesional de Mariñeiro de máquinas da Mariña Mercante serán válidos os períodos de embarco realizados en buques civís de arqueo bruto superior a 10 GT ou TRB e 150 kW. |
|
|
Convalidación |
Poderán solicitar a convalidación co certificado de suficiencia de mariñeiro de máquinas da mariña mercante, quen achegue a documentación de conformidade coa Orde do 21 de xuño de 2001 e cumpran unha das seguintes condicións: a) Estar en posesión do cartón de competencia de mariñeiro-mecánico, ter en vigor o certificado de suficiencia de formación básica en seguridade, e realizar un período de embarque de polo menos 6 meses no servizo de máquinas nun buque civil. b) Estar en posesión dun certificado emitido por un centro de formación oficial que acredite que o alumno recibiu satisfactoriamente formación de acordo ás Seccións A-III/4 e A-VI/1 do Código de Formación do Convenio STCW. |
|
|
Duración do curso |
A duración do curso será dun total de 70 horas. Competencias, coñecementos e aptitudes (duración mínima 45 horas) e probas prácticas mínimas para avaliar a competencia (duración mínima de 25 horas). |
|
|
Programa, Temporalización e Avaliación |
1.- Funcións dun mariñeiro de máquinas (15 horas) Terminoloxía e nomenclatura dos espazos de máquinas e do equipo. En español e en inglés. Principios fundamentais da propulsión dos buques. Procedementos propios das gardas na cámara de máquinas. Ordes e outros aspectos relativos ás tarefas de garda. En español e en inglés. Procedementos de seguridade no traballo nas operacións da cámara de máquinas. Procedementos básicos de protección ambiental. Coñecemento e utilización dos sistemas de comunicacións internas. Sistemas de alarmas da cámara de máquinas. Distinguir as diversas alarmas con especial atención ás de extinción de incendios a base de gas. Prácticas e avaliación de cada alumno (7 horas) As prácticas dos coñecementos, comprensión e suficiencia deste módulo realizaranse no centro de formación homologado para este curso, quen avaliará: a) Probas teóricas sobre a terminoloxía e nomenclatura, procedementos da garda e de seguridade no traballo, protección ambiental. b) Exercicios prácticos e avaliación destes durante o curso sobre terminoloxía e nomenclatura, procedementos da garda, incluíndo os de substitución, realización e entrega da garda de máquinas, entendemento das ordes, normas de seguridade, protección ambiental, comunicacións internas e alarmas na cámara de máquinas, tanto en español como en inglés. c) A avaliación práctica tamén se realizará a bordo do buque onde se realice o período de embarque e que se acreditará mediante o certificado emitido polo Xefe de Máquinas co visto e prace do Capitán. 2.- Servizo de vapor. Presións de vapor e niveis de auga correctos (10 horas)
Prácticas e avaliación de cada alumno (6 horas)
3.- Emerxencias. Procedementos e funcionamento dos equipos de emerxencias (10 horas)
Prácticas e avaliación de cada alumno (6 horas)
|
|
|
Normativa |
|