Mariñeiro/a pescador/a

Con carácter xeral a posesión do título de mariñeiro/a pescador/a é obrigatorio para poder exercer como mariñeiro/a, tanto na máquina como na cuberta, dun buque de pesca.

 Atribucións

  • Exercer como mariñeiro/a en buques de pesca.
  • Manexar con fins comerciais embarcacións de menos de 10 metros de eslora, destinadas á pesca ou auxiliares de acuicultura, que operen exclusivamente dentro de augas interiores de portos e teñan unha potencia adecuada á embarcación, sempre que non transporten pasaxeiros/as. Para exercer o mando deberá ter realizado un período de embarque non inferior a 6 meses como mariñeiro/a en buques de pesca ou auxiliares de acuicultura, dende a data de expedición do título profesional de mariñeiro/a pescador/a. Ademais, deberase dispor do certificado médico de aptitude en vigor (expedido polo Instituto Social da Mariña).

 

Condicións para a obtención da Titulación

Para a obtención da titulación de mariñeiro/a pescador/a, o alumnado deberá:

  • Realizar satisfactoriamente un curso de formación sobre os coñecementos teórico-prácticos.
  • Superar a proba de natación.
  • Aprobar o exame teórico-práctico establecido para o efecto.

 

Condicións de acceso ó curso

Para o acceso ao curso de mariñeiro/a pescador/a, o alumnado deberá reunir os seguintes requisitos:

  • Ter feitos os 16 anos de idade.
  • Declaración responsable de posuír aptitude para realizar unha proba de natación previa á realización do exame de coñecementos teórico-prácticos.
  • Acreditar unha formación mínima mediante cualquera dos seguintes medios:

a)      Certificación expedida pola consellería con competencias en materia educativa ou por unha Administración educativa equivalente do Estado de ter superado o nivel 1 de ensinanzas básicas iniciais ou certificado equivalente.

b)      Certificado de ter superado un curso de alfabetización en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia, expedido por unha entidade pública ou privada.

c)       Declaración responsable da persoa solicitante de ter coñecementos básicos de lecto-escritura en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia segundo o modelo publicado no portal web de formación da consellería con competencias en materia pesqueira.

No caso de achegar este último documento, a entidade organizadora poderá comprobar que se cumpren os aspectos da declaración mediante unha proba de lecto-escritura. De non superar a dita proba, o/a olumno/a será dado de baixa do curso.

 

 Duración do curso

A duración do curso non será inferior a 50 horas lectivas, das cales 35 serán de coñecementos teóricos e 15 de contidos prácticos.

 

Dereito a participar no exame correspondente

Para poder participar no exame correspondente o/a alumno/a deberá cumplilos seguintes requisitos, según a modalidade de matrícula correspondente:

  • Modalidade PRESENCIAL

O alumnado matriculado nesta modalidade, deberá asistir as clases presenciais, cando o incumprimento da asistencia supere o 10% das horas lectivas do curso será motivo de baixa en dito curso, así como a baixa no dereito a participar no exame correspondente.

  • Modalidade ON-LINE

O alumnado matriculado nesta modalidade deberá ter visualizado tódolas presentacións dos módulos do curso na aula virtual, así como ter aprobados tódolos teses de autoavaliación correspondentes a cada módulo.

  • Modalidade SEMI-PRESENCIAL

O alumnado matriculado nesta modalidade deberá asistir os dias presenciais sinalados polo Centro, ademáis de ter visualizado tódolas presentacións dos módulos do curso na aula virtual, así como ter aprobados tódolos teses de autoavaliación correspondentes a cada módulo.

 

Programa e Temporalización

Módulo formativo 1

A embarcación de pesca

16 horas

1.- Concepto, coñecemento e denominación dos diferentes elementos e equipos do buque.

2.- Goberno do buque, servizos de vixilancia e gardas.

3.- Operacións de carga e descarga.

4.- Manobras do buque no porto.

5.- Operacións de mantemento a bordo.

 

 

Módulo formativo 2

O Regulamento internacional para previr as abordaxes no mar (R.I.P.A)

8 horas

1.- Definicións xerais.

2.- Luces e marcas.

3.- Sinais acústicos e luminosos.

4.- Sinais de perigo.

5.- Sistemas de balizamento.

 

 

Módulo formativo 3

A práctica dunha pesca responsable

6 horas

1.- Seguridade e saúde nas faenas de pesca.

2.- Clases de buques pesqueiros.

3.- Identificación das artes e aparellos de pesca empregados na pesca artesanal.

4.- Manexo de equipos de pesca a bordo.

5.- Protección do medio mariño e dos seus recursos.

6.- Nocións sobre lexislación pesqueira.

 

 

Módulo formativo 4

Manipulación e conservación dos produtos da pesca

5 horas

1.- Descomposición e deterioro dos productos pesqueiros.

2.- Factores que afectan á calidade dos productos pesqueiros.

3.- Hixiene na manipulación dos productos de pesca.

4.- Limpeza e desinfección.

5.- Manipulación e conservación a bordo dos productos pesqueiros.

6.- O xeo na conservación nos productos da pesca.

7.- A calidade nos productos pesqueiros.

8.- Nocións de boas prácticas na pesca artesanal.

 

 

Prácticas

15 horas

  • Prácticas na aula de pesca (10 horas).

Iniciación ó montaxe, reparación e manipulación de artes e aparellos. Confección de nós e costuras básicos en cabos e cables.

  • Prácticas no simulador de navegación (5 horas).

Prácticas de gobernó, interpretación de ordes ó temoeiro, interpretación de luces e marcas.

 

Criterios de Organización e Avaliación

  • Proba de Natación. É necesario realizar unha proba de natación, previa ó exame teórico-práctico.

Para a realización de dita proba os/as candidatos/as deberán dispor do DNI  e do seguinte equipamento mínimo (gorro, bañador, chanclas e toalla).

  • Exame Teórico. Consistirá nunha proba tipo test de 30 preguntas con 3 posibles respostas.

Duración da proba: 50 minutos

A composición do exame tipo test será a seguinte:

Módulo

Nº Preguntas

Módulo 1

10 preguntas

Módulo 2

10 preguntas

Módulo 3

5 preguntas

Módulo 4

5 preguntas

Para aprobar o exame será necesario: Contestar correctamente a 20 das 30 preguntas. Soamente se admitirán 5 fallos nas preguntas correspondentes ao módulo 2.

  • Exame Práctico. Consistirá na realización e utilidade de varios nós.

Duración da proba: 5 minutos por alumno.

Para superar a proba será necesario realizar e demostrala utilidade de polo menos 3 nós.

 

Valoración

Para a obtención do certificado de aptitude será preciso superar as probas correspondentes ante un tribunal.

Só se poderá presentar ao exame final o alumnado que asistiu con regularidade ás clases e non superou o 10% das faltas correspondentes á carga lectiva do curso.

O alumnado que suspenda o exame disporá dunha nova convocatoria de exame, logo da autorización do Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-Pesqueiras.

 

Normativa