SOLICITUDE CURSOS DE ESPECIALIDADE
SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A PRESENTACIÓN DA MATRÍCULA:
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es .
A solicitude tamén poderá presentarse en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.
Así mesmo, as solicitudes poderán presentarse directamente nos centros oficiais de ensino pesqueiro onde se realicen os cursos.
Para realizar a matrícula nos centros oficiais de ensino dependentes da dirección xeral con competencias en materia de ensino náutico e marítimo-pesqueiro, as persoas interesadas informaranse nas secretarías destes para coñecer as datas de realización dos cursos.
Xunto coa solicitude achegarase a seguinte documentación para realizar a matrícula:
1. Solicitude (Modelo xenérico PR004A). Descargue a solicitude aquí.
2. Impreso de matrícula:
CURSOS COMPLETOS:
Impreso de matricula do curso de Formación Básica en Seguridade Marítima.
Impreso de matrícula do curso de Avanzado en Coita Contra o Lume.
Impreso de matrícula do curso de Embarcacións e de Botes de Rescate non Rápidos.
ACTUALIZACIÓNS:
Impreso de matricula do curso de actualización de Formación Básica en Seguridade Marítima.
Impreso de matrícula do curso de actualización de Avanzado en loita contra o lume.
Impreso de matrícula do curso de actualización de Embarcacións e Botes de Rescate non Rápidos.
Acreditación de su representación: REPRESENTACIÓN
(*) A asistencia a todas as partes prácticas dos cursos é obrigatoria e na parte teórica as faltas non poderán superar o 10%, calquer incumprimento do anterior supón a non superación do curso.
NOTA: A selección dos aspirantes aos cursos serán por orde de solicitude entregando toda a documentación do impreso de matrícula, e se quedan prazas os que teñan a titulación requerida do impreso por orde de entrada.
Os aspirantes que teñan o certificado caducado ou próximo a caducar. E dentro dos que esteán próximos a caducar terán preferencia aos que lle quedan 6 o menos meses para a súa caducidade que os que teñan máis de 6 meses para a súa caducidade.
Imprescindible levar: Bañador, tohallas, chanclas de piscina, ropa para cambiarse, material de aseo e un candado para a taquilla. (Un bolígrafo)