Percebeiro/a
OBXECTIVO
Cualificar aos alumnos para realizar actividades de extracción e preparación a venda de crustáceos de interese comercial, cumprindo o disposto en materia de xestión e comercialización, seguridade, sáude laboral e protección do medio.
CONDICIÓNS PARA A OBTENCIÓN DA TITULACIÓN
Para a obtención da titulación de percebeiro/a, o alumnado deberá realizar satisfactoriamente un curso de formación sobre os coñecementos teórico-prácticos, e aprobar o exame teórico-práctico establecido para o efecto.
A duración do curso non será inferior a 40 horas lectivas.
CONDICIÓNS DE ACCESO AO CURSO
Para o acceso ao curso de percebeiro/a, o alumnado deberá reunir os seguintes requisitos:
- Ter feitos os dezaseis anos de idade.
- Ter rematada a escolarización obrigatoria
.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A MATRÍCULA
As persoas candidatas interesadas no curso de percebeiro/a achegarán a seguinte documentación para realizar a matrícula:
- Modelo de solicitude. Descargue a solicitude AQUÍ.
- Fotocopia compulsada do DNI/NIE polas dúas caras.
- Fotocopia compulsada do certificado de estudos acreditativo de ter rematada a escolarización obrigatoria.
As solicitudes deberán presentarse:
- nos centros oficiais de ensino pesqueiro onde se examinen os/as aspirantes, ou
- por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.
ASISTENCIA AO CURSO
Os/as aspirantes deberán asistir con regularidade ao curso de formación.
EXAME
Para a obtención do certificado de aptitude será preciso superar o exame correspondente.
Para acceder á proba de avaliación será preciso ter asistido ó 75% do horario lectivo.
Aos/ás aspirantes que superen a proba seralles emitida a correspondente certificación acreditativa.
ASISTENCIA AO CURSO
Os/as aspirantes deberán asistir con regularidade ao curso de formación.
EXAME
Para a obtención do certificado de aptitude será preciso superar o exame correspondente.
Para acceder á proba de avaliación será preciso ter asistido ó 75% do horario lectivo.
Aos/ás aspirantes que superen a proba seralles emitida a correspondente certificación acreditativa.
PROGRAMA: MÓDULOS FORMATIVOS E TEMPORALIZACIÓN SOBRE OS COÑECEMENTOS TEÓRICO-PRÁCTICOS
Módulo de producción.
Parte común (8 horas lectivas).
1. O marisqueo como actividade económica en Galicia.
2. Xeneralidades sobre o medio mariño.
3. O marisqueo e as especies mariñas de interese marisqueiro.
4. Evolución dun banco natural: a explotación racional do recurso. Os plans de explotación.
5. O PERMEX e a Lei de infraccións en materia de protección de recursos.
Parte específica (4 horas lectivas).
1. Os crustáceos. O percebe.
2. A explotación racional deste recurso.
Módulo de organización (9 horas lectivas).
1. A organización. Estructura, normas e participación.
2. As confrarías.
3. As Organizacións de Productores Pesqueiros (OPP).
4. Órganos da Comunidade Autónoma. A Administración autonómica.
Módulo de comercialización (6 horas lectivas).
1. A comercialización dos recursos mariños.
2. A primeira venda. As lonxas.
3. A comercialización.
4. O proceso comercial.
Módulo de xestión (6 horas lectivas).
1. Marisqueo e xestión.
2. O imposto do valor engadido (IVE).
3. O imposto das persoas físicas (IRPF).
4. O sistema español de Seguridade Social.
Módulo de seguridade (6 horas lectivas).
1. Principios xerais de seguridade e saúde laborais. A prevención de riscos laborais.
2. Principais riscos laborais no proceso extractivo.
3. Os equipos de protección individual (EPI).
4. O compañeiro como base principal da seguridade.
5. Primeiros auxilios.
Avaliación (1 hora lectiva).
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
A proba de avaliación comprenderá a resposta a un cuestionario dun mínimo de 5 preguntas tipo test ou de resposta curta, por cada un dos módulos do programa, debendo responderse correctamente un 50%.
Realizaranse avaliacións continuas ó longo do curso, facendo media cos resultados da proba de avaliación para determina-la cualificación final de apto ou non apto.
NORMATIVA