Agora vamos ter que escoller:

Menú de inicio do programa

Para comezar a empregrar a pizarra como se fose un encerado tradicional só tedes que picar en "Crear un rotafolios novo"

Xa estades preparados para o máis importante: practicar todo o que queirades co programa ata que o fagades sin pensar.

E digo ben xa que o programa o podedes empregar só co ordenador sin PDI nin canón permitindo co rato tradicional empregar os menús e ver a súa funcionalidade.

É polo tanto un "simulador" estupendo para facerse coas posibilidades da PDI.

Logo o único que temos que facer é cambiar o rato polo "lápis"  máis fácil de empregar xa que non ten tantos botóns.

Así que vos deixo simulando na vosa nova PDI

Última modificación: xoves, 13 de xullo de 2017, 12:06 PM