Para comezar cunha PDI vamos a ir á páxina

!Mellor picar no botón dereito do rato e escoller a opción de "abrir en nova ventana"¡

http://www1.prometheanplanet.com/es/index.php

O motivo é que a primeira PDI do centro Epa Río Lérez é deste fabricante e na súa páxina temos todo o que precisamos para comezar.

Unha vez nela o primeiro é rexistrarse Inscríbase a Promethean Planet   para poder acceder a todos os contidos, especialmente á opción  Descargue ActivInspire.

Vamos a outra páxina na que picamos na opción DESCARGAR

Vedes logo que nos aparecen varias posibilidades según o sistema operativo que tañamos no noso ordenador. Picades no que vos interese na opcíon descargar.

Entramos nunha especie de cuestionario tedes que cubrir os campos obrigatorios(*). Recordade que a PDI é de promethean.

Debería de iniciarse entón a descarga do arquivo ( para Windows)

ActivInspireSuite_v1.6.43277_es_setup.exe

Si non tedes conseguido o arquivo podedes pasar ó apartado seguinte do curso e descargalo directamente  pulsando na ligazón. 

Unha vez o teñades descargado só hai que facer doble click para executalo e que se instale no voso ordenador( preferible que sexa o que vades conectar á PDI !)

Agora teredes unha icona do escritorio

ActivInspire

Este programa é de proba así que cando entramos temos que marcar  que aceptamos as condicións(parte inferior) e picamos en continuar coa proba.

Última modificación: xoves, 13 de xullo de 2017, 12:06 PM