Unha pizarra dixital interactiva(PDI) non é máis que un dispositivo que podemos ter conectado a un ordenador.

O equipo completo para traballar cunha PDI é ordenador, pizarra, proxector e un "rato-lápis" que permite moverse por ela. 

Para que a nosa PDI sexa realmente interactiva e non se limite a servir coma unha pantalla tradicional precisamos ter instalado no ordenador un programa que faga de "comunicador-traductor-ponte" entre nós e a PDI.

Normalmente as empresas que instalan PDI aportan ese programa e realizan xornadas de aprendizaxe do seu uso.

Última modificación: xoves, 13 de xullo de 2017, 12:06 PM