Para asegurar unha correcta limpeza e desinfección sen causar danos ao panel:

  • Deberanse utilizar sempre panos sen pelusa (ou de microfibra).
  • Empregaranse unicamente produtos específicos para limpeza de pantallas de dispositivos electrónicos.


A continuación ofrécense unha serie de recomendacións para a limpeza da superficie da pantalla táctil do panel:

 
  1. Apagar o sistema e desconectalo da toma de corrente.
  2. Humedecer o pano de microfibra coa solución ou produto de limpeza
  3. Limpar a superficie da pantalla con movementos circulares suaves para eliminar a sucidade e os residuos do cristal táctil.
  4. Utilizar un pano seco de microfibra para secar suavemente a pantalla.
  5. Unha vez efectuados os pasos anteriores volver a conectar a alimentación eléctrica do panel.

Última modificación: martes, 16 de abril de 2024, 8:02 PM