Tarefas básicas
Con carácter xeral, o panel deberá permanecer conectado sempre a unha toma de corrente eléctrica.
1. Na parte posterior do dispositivo existe un interruptor que permite apagar completamente a alimentación do mesmo.
2. O botón de acendido e apagado do panel (non confundir co interruptor anterior) atópase na parte frontal do dispositivo (esquina inferior dereita). Dito botón incorpora un led que pode estar completamente apagado, en cor laranxa ou en cor branca. Unha vez acendido (cor branca), unha pulsación curta no botón pasará o panel a modo Standby. Unha nova pulsación no botón devolverá o panel inmediatamente ao modo de funcionamento normal. No modo Standby o botón cambiará entre as cores laranxa e branca alternativamente.
3. Para o apagado do panel será preciso manter pulsado o botón anterior uns poucos segundos, tras os cales o panel solicitará confirmación para o apagado. Durante o proceso de apagado a luz cambiará de xeito intermitente entre as cores branca e laranxa.