Temporalización:
A diferenza da Semipresencial, neste centro non se ofertan todos os módulos (cursos) en ambos os dous cuadrimestres. A distribución é a seguinte:
|
Horario mañá
(de luns a venres)
|
Horario tarde
(de luns a xoves)
|
1º cuadrimestre
(setembro - febreiro)
|
1º ESA
3º ESA
4º ESA
|
3º ESA |
2º cuadrimestre
(febreiro - xuño)
|
2º ESA
3º ESA
4º ESA
|
4º ESA |
Os horarios publícanse en setembro e son válidos para os dous cuadrimestres. Tamén se mantén o profesorado que imparte un ámbito. O horario de docencia coincide, aproximadamente, co de apertura do centro.
O número de clases semanais por ámbito é:
Ámbito Científico-Tecnolóxico: 4 clases de Natureza e 4 de Matemáticas.
Ámbito de Comunicación: 6 clases de Galego e Castelán en 1º e 2º ESA e 5 en 3º e 4º ESA, e 2 de Lingua Estranxeira en calquera dos módulos.
Ámbito Social: 3 clases en 1º e 2º ESA e 4 en 3º e 4º ESA .
Titoría presencial: 1 clase.
Cualificacións:
O alumnado que supera un ámbito na convocatoria de febreiro (1º cuadrimestre) queda automáticamente matriculado no mesmo ámbito do módulo seguinte para o 2º cuadrimestre.
No caso dos ámbitos suspensos deberá examinarse na avaliación extraordinaria (marzo). Mentres tanto queda matriculado/a de forma condicional no ámbito do módulo seguinte podendo asistir ás clases dese ámbito. No caso de non superar a avaliación extraordinaria xa non podería ser avaliado/a no 2º cuadrimestre dese ámbito ou ámbitos suspensos e non podería volver a matricularse deles ata o seguinte curso. A situación dos ámbitos aprobados non se ve afectada.
Ao acabar o 1º cuadrimestre, calquera alumno/a pode cambiar de modalidade (Presencial a Semipresencial ou viceversa), solicitándoo por escrito. Este cambio tamén podería facerse durante o curso sempre que se vexa xustificado por cambios na situación persoal ou laboral do alumno/a.
No caso de alumnado con algún ámbito suspenso de calquera curso que cambie a Semipresencial e, tamén o alumnado de 3º e 4º Presencial que continúe en Presencial, pode renunciar á Avaliación Extraordinaria (RAE). Deste modo xa non se examina do ámbito ou ámbitos suspensos en marzo e volve matricularse neles para repetilos. Así ten a opción de superalos en xuño ou en setembro. Isto non afecta aos ámbitos aprobados nos que poderá seguir o curso no módulo seguinte. Para renunciar á avaliación extraordinaria deberá presentar unha solicitude na oficina (pode pedir o impreso na Conserxería).
Volver ao inicio de Oferta educativa