Entrar em EPAPU Albeiros (Lugo) - Aula Virtual
É a sua primeira visita aqui?
Aparte das instrucións que seguen a continuación, neste enlace ten capturas de pantalla dos distintos pasos para a Automatriculación.
1. Para acceder aos cursos da Aula Virtual, primeiro debe estar matriculado na mesma (ter unha conta). Se non é asi, pulse abaixo en “Crear unha nova conta”.
2. Escolla un nome de usuario e un contrasinal, conforme as seguintes instrucións:
a) O nome de usuario estará formado polo seu nome e o primeiro apelido en minúsculas e sen espazos nin acentos. Non poderá utilizar o “ñ”. O sistema avisará se existe outro usuario. De ser así, terá que engadir outra letra ou un número. Exemplo: antonvarela / antonvarela1.
b) O contrasinal debe ser distinto do nome de usuario. Anóteo en lugar seguro.
3. Introduza unha dirección de correo electrónico válida, preferentemente a que proporcionou ao matricularse no centro.
4. Nos campos de Nome e Apelidos xa pode utilizar o “ñ”, letras maiúsculas e acentos. Inclúa o nome completo (cos dous apelidos)
5. Pulse, "Crear unha nova conta miña". Terá que abrir o seu correo e pulsar no enlace que se engade para validar a conta.
Así finaliza o rexistro na Aula Virtual do EPAPU Albeiros. O seguinte paso será matricularse nas materias ou ámbitos (na Aula virtual reciben o nome de "Cursos"). Para elo deberá facer o seguinte:
-Ao darlle a "Continuar", aparecen os cursos nos que está matriculado/a e o resto dos cursos.
-Escolla o nivel, o curso e o ámbito ou materia e clique sobre el.
-Aparecerá un botón co texto "Matricúlame" e faga clic sobre el.
-Para matricularse en máis cursos, volva atrás no navegador e repita estes dous últimos pasos en cada ámbito ou materia.
Todas as contas borraranse cando teñan máis de 90 días de inactividade. Nese caso, para ter acceso de novo aos cursos, debería volver a matricularse.
Para desmatricularse dun curso, desde dentro do curso, clicar na roda dentada (esquina superior dereita). Pregunta se se confirma e pulsar "Continuar".