Coñece a Biblioteca
Biblioteca da EOI de Vilagarcía
Pode consultar os seguintes apartados sobre a Biblioteca do noso centro
E-LBE.2: Lectura dixital para as bibliotecas escolares - itinerario formativo
Coñecedes a plataforma de préstamo dixital E-LBE.2?
Sabedes que cada usuario/a da biblioteca ten ao seu dispor unha colección de máis de 3000 fondos (libros, audiolibros, podcast…) en formato dixital e dispoñibles nunha plataforma de préstamo?
Os centros educativos integrados no PLAMBE contan con este servizo, que complementa a colección física, e pode ampliar as posibilidades de lectura para o alumnado, profesorado e familias. Os fondos de E-LBE.2 están en constante actualización e inclúen unha importante selección de lecturas en galego, tamén en castelán, inglés, francés ou portugués. Recentemente puidemos incorporar unha selección de lectura fácil, e un amplo número de fondos con complementos audiovisuais (libros ilustrados, álbum, cómic, e libros con música).
E-LBE.2: Lectura dixital para as bibliotecas escolares
En novembro de 2012, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos realizou unha convocatoria, destinada aos centros incluídos no Plan de mellora de bibliotecas escolares, dun proxecto piloto para a incorporación dos lectores electrónicos nas bibliotecas escolares, E-LBE, integrado no PLAN LÍA de bibliotecas escolares, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Atoparedes máis información aquí.
Ademais, nesta páxina tamén vos achegamos o acceso e as instrucións elaboradas por Bibliotecas Escolares.
Que é iso de Koha?
Víchedes unha nova icona na marxe superior dereita da nosa web?
Que é iso de Koha?
A nosa biblioteca, xunto con outras bibliotecas PLAMBE (plan de mellora das bibliotecas escolares) sumouse á implantación do sistema de xestión Koha, baseado en software libre e cunha xestión dos espazos e recursos máis libre e flexible. Trátase dun proxecto nas primeiras fases de execución para bibliotecas escolares dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta, apoiado pola AMTEGA. +info. en Xercode
Nas seguintes seccións, indicámosvos onde podedes atopar videotitoriais e outras ferramentas de axuda para ensinarvos o funcionamento da nosa Biblioteca de agora en adiante.
No curso en aberto As TIC para alumnado da EOI Vilagarcía, tendes, entre outras, unha sección adicada ao novo sistema da Biblioteca da EOI.
Mellorando espazos co Plambe
Xusto hoxe a nova sala da Escola, o Obradoiro da Biblioteca, transformouse neste colorido e ameno espazo de colaboración. Sabedes onde está? Buscádeo ao final do corredor sur! O Obradoiro da Biblioteca é a sala que, alén das restricións pola situación sociosanitaria que imperan neste momento, servirá para ter un espazo aberto ao alumnado, e á comunidade educativa en xeral, de cara á interacción e á colaboración. Nos vindeiros días veredes que a colocación das mesas tal e como aparece na foto de presentación mudará para adecuarse ao protocolo covid do centro. Seguimos coa mellora dos espazos! E para ver que outras novidades nos depara a mellora da biblioteca, animámosvos a ler o noso Plambe (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares) 'Linguas nas Ondas' |
Radio Maré - A radio da biblioteca xa ten nome
A radio da biblioteca xa ten nome! Radio Maré Escoitade o audio para ver a descrición e concepción do nome, enmarcado no noso proxecto Plambe 'Linguas nas Ondas' e na idea de teren unha radio nas ondas. Mil grazas a todas e todos os que participastes coas vosas achegas a esta radio do centro. Pouco a pouco seguimos creando escola! |
Exóticas
Galileo, Homero, Platón, Newton, Kapuściński, Kant, Cervantes, Fleming, Aristóteles, Lorca, Marx, Pulitzer, Tesla, Kant… e poderiamos seguir enumerando a homes que ateigan os libros de historia… Agora ben.. esta historia, sen mulleres, está incompleta. E para enchela de científicas, pensadoras, mestras, artistas… de mulleres, en definitiva, desde este novo espazo animámosvos a redescubrir connosco, neste e en vindeiros episodios, algunhas das figuras femininas máis relevantes desa historia que as silenciou e as desterrou ás sombras. Hoxe, comezamos nós. EXÓTICAS Episodio 24 - Amalie Noether
|
O tupper da Radio da Biblioteca
Temos un novo programa de emisións na radio da biblioteca da nosa EOI. ‘O tupper' - Programa de entrevistas e concursos da EOI de Vilagarcía Para máis contido interesante, suscríbete ós nosos podcast en iVoox.
Terás o Tupper sempre dispoñible nesta ligazón |