A EOI resultou gañadora no III Concurso de Podcast – Radio na Biblio de Bibliotecas Escolares

 

O grupo de alumnado que por iniciativa propia ideou e creou o programa de Radio Maré, ‘Exóticas’ resultou gañador do III Concurso de Podcasts - Radio na Biblio co seu episodio dedicado a Xela Arias, que podedes escoitar aquí. Parabéns! Esta proposta en particular está vinculada á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano a editora, tradutora, poeta.

A convocatoria estaba destinada a centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que traballan a radio como ferramenta pedagóxica, integrados ou non no programa Radio na Biblio, e a contía do premio deberá destinarse a melloras no equipamento e infraestructura do laboratorio/emisora de radio.

Os podcasts seleccionados serán difundidos pola Radio Galega a través da  páxina do Diario Cultural, onde xa o podedes ver publicado, así mesmo, serán difundidos a través dos medios web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Invitámosvos a escoitalo e a seguir participando e contribuíndo para crear escola.