Día Mundial da Radio 13 de febreiro 2/3
Seguimos na semana do Día Mundial da Radio, na que tres persoas da comunidade educativa nos contarán, grazas a Arousa Si Radio Salnés, a súa experiencia na Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía. Hoxe traémosvos a segunda entrevista, con Mar Durán García, alumna de moitos anos na EOI e locutora colaboradora no programa da radio da biblioteca 'O Tupper'. Mar é unha alumna que pasou por moitas das linguas que ensinamos na EOI e segue a día de hoxe matriculada. Como credes que foi e está sendo a súa experiencia? Que a motiva a seguir participando na Escola despois de tantos anos? Subscribídeos! |