Actividades de Nadal 2019

   

Para este Nadal 2019 a EOI de Vilagarcía organiza unha chea de actividades coas que esperamos contaxiarvos o noso espíritu navideño.

Animádevos a participar na decoración da nosa árbore de Nadal coas vosas mensaxes navideñas e propósitos para o 2020. E gravade un discurso de Nadal con compañeiros/as dos vosos grupos. Para máis información destas dúas actividades, consultade ao/á voso/a profesor/a na aula.

Colaborade na Operación Quilo a favor da cociña e comedor da Asociación Lar Pro-Saúde Mental. Dos días 11 ao 19 de decembro podedes deixar produtos de alimentación na conserxería do centro.

Non podíamos quedar sen o noso traditional Concurso de Especialidades de Nadal, cada ano vos superades coas vosas elaboracións. Estamos desexando degustar as que presentedes o xoves 19 de 17.00h a 19.00h na biblioteca da EOI. Consultade aquí as bases.

¿Queredes gañar unhas das cinco cestas que sortearemos o xoves 19 ás 20.00h no Salón de Actos? Mercádelle moitas rifas aos vosos profesores. A recadación irá á Asociación Lar Pro-Saúde Mental.