CERTAME DE MICRORRELATO

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega da EOI organiza o 

II Certame de microrrelato

EOI Vilagarcía de Arousa

 

 As temática escollida polos membros do EDLG para a elaboración dos vosos relatos é: misterio

 O último día para entregar os relatos será o mércores 21 de maio. Escribide un texto de máximo 80 palabras en formato Arial 12 no que tratedes esta temática. Entregádeo na conserxería da escola nun sobre co voso nome completo e estudos que cursades na EOI. No interior do sobre metede o voso traballo sen marcas que o identifiquen.

 

Os premios do xurado, consistentes nun vale de compra en librería por un total de 150 euros para o primeiro clasificado,100 euros para o segundo e 50 para o terceiro, fallaranse o mércores 28 de maio. Todos os participantes aceptan que o seu traballo sexa publicado pola EOI.