E-LBE.2: Lectura dixital para as bibliotecas escolares - itinerario formativo

Coñecedes a plataforma de préstamo dixital E-LBE.2?

Sabedes que cada usuario/a da biblioteca ten ao seu dispor unha colección de máis de 3000 fondos (libros, audiolibros, podcast…) en formato dixital e dispoñibles nunha plataforma de préstamo?

Os centros educativos integrados no PLAMBE contan con este servizo, que complementa a colección física, e pode ampliar as posibilidades de lectura para o alumnado, profesorado e familias. Os fondos de E-LBE.2 están en constante actualización e inclúen unha importante selección de lecturas en galego, tamén en castelán, inglés, francés ou portugués. Recentemente puidemos incorporar unha selección de lectura fácil, e un amplo número de fondos con complementos audiovisuais (libros ilustrados, álbum, cómic, e libros con música).

Cada trimestre ofrécese unha serie de sesións de formación on-line, abertas a toda a comunidade (alumnado, profesorado, familias…), para informarse sobre como funciona a plataforma, e que posibilidades ofrece. Trátase de sesións virtuais breves (30 minutos) e interactivas, nas que podemos preguntar e solventar calquera dúbida. Adxuntamos un documento que resume a serie de webinars formativas deste terceiro trimestre, ás que se pode acceder doadamente desde a propia plataforma E-LBE.2.

Consultade aquí o itinerario formativo para poder acceder á plataforma de préstamo dixital.

AdxuntoTamaño
elbe2_itinerario_Galicia_3º_trimestre_2022_23.pdf385.96 KB