Actividades

Día Mundial da Radio 13 de febreiro 1/3

    Nesta semana do Día Mundial da Radio, tres persoas da comunidade educativa nos contarán, grazas a Arousa Si Radio Salnés, a súa experiencia na Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía.

Hoxe a primeira entrevista foi con José Manuel Pérez, representante do alumnado no Consello escolar. Qué nos terá que contar?

Subscribídeos!

https://go.ivoox.com/rf/65174850

 

Servizos da biblioteca

A biblioteca da EOI de Vilagarcía de Arousa ofrece na actualidade os servizos de:

  • Empréstito a domicilio de libros de leitura, de texto, CD's e DVD's.
  • Empréstito en sala de libros e outros materiais audiovisuais ou de consulta.
  • Leitura en sala de prensa periódica en galego e nas linguas impartidas na EOI.
  • Computadores de uso libre con ligazón á internet.
  • Rede wifi aberta e gratuita.

A biblioteca está pensada para uso do alumnado da EOI, con carné de usuario/a, tamén poderán facer uso da biblioteca os membros da asociación de alumnos e ex-alumnos da EOI “Linguarousa”,  os usuarios da Biblioteca Municipal de Vilagarcía (sempre que posúan un documento identificativo adecuado) e os alumnos do programa That's English! da Escola.

O rexistro de libros dispoñibles na Biblioteca da EOI pódese consultar a través de internet na páxina web da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Distribuir contido