Actividades

Clube creativo Café de Pota

Préstache un Café de Pota así cedo pola mañanciña? Ou pola tardiña! Vente ao novo clube creativo promovido pola equipa Tupper da Radio Maré!

Toda a información aquí

Formación técnica para uso da Radio

Queres aprender a usar o equipamento de Radio Maré?

Apúntate á formación en biblioteca@eoivga.org

Poderás asistir ás sesións iniciais, ás gravadas ou as que se fagan en cascada. Deixa o teu nome nese correo para poder organizar todo mellor!

Voluntariado para a Biblioteca

COLABORA COA TÚA BIBLIOTECA

Programa de voluntariado 2021-2022

Buscamos alumnado con algún tempo dispoñible e interese en pasar tempo nun espazo cheo de historias e aventuras.

Precisamos axuda nestas tarefas: xestionar o servizo de empréstitos e devolucións, dinamizar as actividades da Biblio, colaborar en Radio Maré, colaborar na transformación do servizo...

Como podes inscribirte? Tes dúas alternativas: decíndollo á/ao túa/teu profe ou mandando un mail a biblioteca@eoivga.org nos dous casos indicando dispoñibilidade horaria e días posibles.

Recoñecemento: certificaranse de 15 a 30 horas. A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado depositará as experiencias das persoas voluntarias no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia e emitirá as certificacións.

 

A EOI resultou gañadora no III Concurso de Podcast – Radio na Biblio de Bibliotecas Escolares

 

O grupo de alumnado que por iniciativa propia ideou e creou o programa de Radio Maré, ‘Exóticas’ resultou gañador do III Concurso de Podcasts - Radio na Biblio co seu episodio dedicado a Xela Arias, que podedes escoitar aquí. Parabéns! Esta proposta en particular está vinculada á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano a editora, tradutora, poeta.

A convocatoria estaba destinada a centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que traballan a radio como ferramenta pedagóxica, integrados ou non no programa Radio na Biblio, e a contía do premio deberá destinarse a melloras no equipamento e infraestructura do laboratorio/emisora de radio.

Os podcasts seleccionados serán difundidos pola Radio Galega a través da  páxina do Diario Cultural, onde xa o podedes ver publicado, así mesmo, serán difundidos a través dos medios web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Invitámosvos a escoitalo e a seguir participando e contribuíndo para crear escola.

Xa podemos escoitalos!

... non deixes de escoitalos e de lelos! Todas as obras dispoñibles na Biblioteca!

 

 

Día do Libro en Radio Maré - 23 de abril

Para conmemorar o Día Internacional do Libro, 23.04.2021 a Biblioteca organiza unha serie de entrevistas colaborativas para Radio Maré.

Contamos coa túa participación!!

As entrevistas terán lugar ao final da semana da conmemoración, dúas serán en diferido (Xose Luis Mosquera Camba e Xesús Fraga) e unha en streaming (Lola Rontano). Esa mesma semana farémosvos chegar a ligazón para participardes na emisión en vivo como entrevistadorxs que sodes! Para participar nos programas gravados pica nas ligazóns!
cartaz dia do libro

 

Gañadora do primeiro concurso do Tupper da Radio da Biblioteca

 

Xa temos a primeira persoa gañadora da serie de concursos do programa Tupper da Radio da Biblioteca, producido íntegramente polo alumnado.

Parabéns á gañadora! E ás persoas organizadoras!

E aos demais, aínda tendes tempo para enviar as vosas propostas para o concurso do segundo programa do Tupper:

Que nome lle daremos á nosa Radio da Biblioteca?

Para vos inspirar, mirade o novo apartado da web da Biblioteca, onde podedes ver o noso proxecto de mellora Plambe 'Linguas nas Ondas', facendo alusión ás ondas do mar de Arousa e ás ondas da difusión das linguas na radio. Un proxecto precioso que agardamos vos inspire na busca do nome.

Grazas a tod@s pola vosa impliación.

Día Mundial da Radio 13 de febreiro 3/3

 

Como colofón da nosa serie de entrevistas, hoxe, no Día Mundial da Radio, traemos a derradeira entrevista realizada por Arousa Si Radio Salnés no noso ciclo de entrevistas desta semna. Hoxe con Austin Moore. 

Austin é un californiano afincado en Vilagarcía desde fai máis dun lustro. Foi exalumno da escola e agora traballa como auxiliar de lingua inglesa na nosa escola, grazas ao Programa de Auxiliares de Conversa da Consellería. 

Que levou a Austin a vir a Vilagarcía? E a matricularse na Escola? Cambiaría a súa percepción do centro agora que é máis docente que alumno?

Escoitádeo e subscribídeos! go.ivoox.com/rf/65387108

 

Día Mundial da Radio 13 de febreiro 2/3

   

Seguimos na semana do Día Mundial da Radio, na que tres persoas da comunidade educativa nos contarán, grazas a Arousa Si Radio Salnés, a súa experiencia na Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía.

Hoxe traémosvos a segunda entrevista, con Mar Durán García, alumna de moitos anos na EOI e locutora colaboradora no programa da radio da biblioteca 'O Tupper'.

Mar é unha alumna que pasou por moitas das linguas que ensinamos na EOI e segue a día de hoxe matriculada.

Como credes que foi e está sendo a súa experiencia? Que a motiva a seguir participando na Escola despois de tantos anos?

Subscribídeos!

https://go.ivoox.com/rf/65295354

Distribuir contido