Actividades
Presentación da obra "Fago o que podo" de Afra Torrado
Depois da presentación faremos un pequeno taller de banda deseñada.
Agardámoste!!
13 de febreiro. Día da Radio
Para conmemorar o Día da Radio dende o EDLG, a biblioteca, o departamento de galego e un alumno de C1 de portugués, preparamos este pequeno podcast na nosa radio sobre o Entroido en Galicia e Portugal.
Escóitao no seguinte enlace!:
27 de Xaneiro. Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto
Visita a nosa exposición no hall na Escola con fotografías orixinais do campo de concentración Natzweiler-Stuthof e fotografías de arquivo.
Pasa pola biblioteca e leva algunha recomendación lectora ou DVD relacionado con esta temática.
4º Certame Radiofónico "Mulleres na Sombra"
O IES de San Clemente de Santiago convoca o seguinte Certame Radiofónico en colaboración coa nosa Escola.
Escolle unha científica, actriz, escritora, etc. pouco coñecida e grava un audio (preferentemente con voz feminina) falando dela e a súa importancia. Esta gravación publicarase na canle "Exóticas" de Radio Maré e participarás no certame con varios premios.
Prazo de entrega: ata o 15 de abril de 2024 ás 23:59h.
ANÍMATE A PARTICIPAR!!
Consulta as bases no seguinte enlace: https://www.iessanclemente.net/2024/01/09/4o-certame-radiofonico-mulleres-na-sombra/
Radio Maré. Inglés C1.1
You can listen to the program at the following link: