Novas do sitio

Instrucións para o acceso do alumnado á Aula Virtual Moodle da EOI de Vigo

- Alicia Gil の投稿

Todo o alumnado da EOI de Vigo que está inscrito na Aula Virtual Moodle do centro ten o mesmo nome de usuario que o do correo electrónico rexistrado na secretaría do centro no momento da matrícula (a parte do enderezo que está antes de @). Se, por exemplo o seu correo electrónico é:

alumna1@correo.org

o seu nome de usuario na Aula Virtual Moodle do centro será “alumna1”.

Para usar a Aula Virtual Moodle é imprescindíbel ter rexistrado un enderezo de correo electrónico que funcione e ao cal poida acceder, e debe ser un enderezo diferente para cada persoa rexistrada na aula virtual. Se o correo electrónico que consta na secretaría do centro non é correcto ou non cumpre estes requisitos, por favor, póñase en contacto coa secretaría para solicitar o cambio nos seus datos persoais.

Primeiro acceso

No momento en que sexa inscrito polo centro na Aula Virtual Moodle recibirá no seu enderezo un correo electrónico semellante a este:

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

From: "Webmaster Websdinamicas (via EOIVigo)" <nonresponder@edu.xunta.es>
To: "Nome Apelidos" <alumna1@correo.org>
Reply-To: "Não responda para este endereço" <nonresponder@edu.xunta.es>
Subject: Aula Virtual da EOI de Vigo: Conta de usuario novo
Date: Mon, 12 Oct 2020 16:09:40 +0200
Ola, Nome Apelidos,
Abríuselle unha nova conta en «Aula Virtual da EOI de Vigo»
e asignóuselle un contrasinal temporal.
A nformación para acceder é:
Nome de usuario: alumna1 Contrasinal: xxxxxxxx (deberá cambiar o contrasinal cando acceda por primeira vez)
Para comezar a usar «Aula Virtual da EOI de Vigo», acceda a
https://www.edu.xunta.gal/centros/eoivigo/aulavirtual/login/
Na maioría de programas de correo electrónico esta
ligazón debería aparecer en azul, para poder premer nela
Se non funciona, cópiea e péguea na barra de enderezos
do seu navegador.
Atte.
O administrador de «Aula Virtual da EOI de Vigo»,
Webmaster Websdinamicas
websdinamicas@edu.xunta.gal

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Utilice o nome de usuario e o contrasinal indicados nese correo para acceder pela primeira vez. O sistema obrigará ao cambio de contrasinal no primeiro acceso. Non se esqueza de revisar a bandexa de “spam” ou de aceptar correos provenientes de nonresponder@edu.xunta.gal nos seus filtros antispam.

Restabelecemento do contrasinal

Se non recibiu ese correo ou esqueceu o contrasinal por calquera razón, pode acceder solicitando a alteración do contrasinal. Para ese fin, siga a ligazón “Acceder” que encontrará no canto superior dereito da páxina inicial de acceso á Aula Virtual Moodle da EOI de Vigo ( https://www.edu.xunta.gal/centros/eoivigo/aulavirtual/ ):


Esa ligazón leva a https://www.edu.xunta.gal/centros/eoivigo/aulavirtual/login/index.php onde encontrará unha ligazón “Esqueceu o seu nome de usuario ou o contrasinal?”:


Esa ligazón leva a https://www.edu.xunta.gal/centros/eoivigo/aulavirtual/login/forgot_password.php onde pode introducir o seu correo electrónico no cadro que indica “Buscar por enderezo de correo” e clicar seguidamente no botón “Buscar”:


Se o seu enderezo de correo está rexistrado na Aula Virtual Moodle do centro, recibirá un correo semellante a este:

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

From: "Webmaster Websdinamicas (a través de EOIVigo)" <nonresponder@edu.xunta.es>
To: "Nome Apelidos" <alumna1@correo.org>
Reply-To: "Non responder a este enderezo" <nonresponder@edu.xunta.es>
Subject: Aula Virtual da EOI de Vigo: Solicitude de restabelecemento de contrasinal
Date: Mon, 12 Oct 2020 16:14:50 +0200
Ola Nome.
Vostede solicitou un restabelecemento de contrasinal para a súa conta «alumna1»
en Aula Virtual da EOI de Vigo.
Para confirmar esta petición, e estabelecer un novo contrasinal para a súa
conta, vaia ao seguinte enderezo:
https://www.edu.xunta.gal/centros/eoivigo/aulavirtual/login/forgot_password.php?token=Sxxxxxxx
(Esta ligazón é válida durante 240 minutos desde o momento no que fixo a solicitude por primeira vez.)
Se vostede non solicitou este restabelecemento de contrasinal, non é necesario que faga nada.
Se necesita axuda, contacte co administrador do sitio,
Webmaster Websdinamicas
websdinamicas@edu.xunta.gal

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Siga a ligazón (ou cópiea e péguea na barra de enderezos do seu navegador) e siga as instrucións para crear un novo contrasinal para a súa conta.

Se o seu enderezo de correo electrónico non está rexistrado na Aula Virtual Moodle da EOI de Vigo, non recibirá ningún correo: nese caso, pida ao seu profesor que verifique a súa inscrición ou póñase en contacto coa secretaría do centro. Por favor, antes non se esqueza de revisar a bandexa de “spam” ou de aceptar correos provenientes de nonresponder@edu.xunta.gal nos seus filtros antispam.


Dispoñíbel o acceso a través da aplicación "Moodle Mobile" para dispositivos móbiles!

- Dionisio Martínez Soler の投稿

Está dispoñíbel o acceso á Aula Virtual da EOI de Vigo a través da aplicación oficial de Moodle para dispositivos móbiles "Moodle Mobile App".

Para acceder utilizando a aplicación, faga o seguinte:

1.- Descargue a aplicación oficial de Moodle ("Moodle Mobile App", da autoría de Moodle Pty Ltd) para o sistema operativo do seu dispositivo na tenda de aplicacións correspondente:

Android: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.moodle.moodlemobile

iOS: https://itunes.apple.com/app/moodle-mobile/id633359593?mt=8

Windows Phone: https://www.microsoft.com/en-us/store/p/moodlemobile/9wzdncrdk93x

2.- Inicie a aplicación e introduza os seguintes datos:

URL do sitio Moodle: www.edu.xunta.gal/centros/eoivigo/aulavirtual/

Usuario e contrasinal: os mesmos que utiliza para acceder co navegador web.

(Editado por Alicia Gil - envío orixinal Domingo, 30 de Abril do 2017, 20:59)

(Editado por Alicia Gil - envío orixinal Luns, 3 de Agosto do 2020, 17:13)

(Editado por Alicia Gil - envío orixinal Luns, 3 de Agosto do 2020, 17:17)