O plan de estudos, de acordo co Real Decreto 1041/2017 e co Decreto 81/2018, organízase nos seguintes niveis, que teñen como referencia o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MECRL).
Atopa equivalencias entre os distintos plans de estudos anteriores aquí.
TÁBOA DE NIVEIS E IDIOMAS OFERTADOS NA EOI DE VIGO
*Os cursos de certificación están subraiados. Todos os demais son cursos de promoción.
Niveis | Alemán | Chinés | Español para estranx. |
Francés | Galego | Inglés | Italia- no |
Portu- gués |
Xapo- nés |
NB A1 | A1 | A1 | - | A1 | - | A1 | A1 | - | A1 |
NB A2 | A2 | A2.1 A2.2 |
A2 | A2 | A2 | A2 | A2 | A2 | A2.1 A2.2 |
NI B1 | B1.1 B1.2 |
B1.1 B1.2 B1.3 |
B1 | B1 | B1 | B1 | B1 | B1 | B1.1 B1.2 B1.3 |
NI B2 | B2 | B2.1 | B2 | B2.1 B2.2 |
B2 | B2.1 B2.2 |
B2.1 B2.2 |
B2 | B2.1 B2.2 |
NA C1 | C1.1 C1.2 |
- | C1 | C1.1 C1.2 |
C1 | C1.1 C1.2 |
C1.1 C1.2 |
C1 | - |
NA C2 | C2 | - | - | C2 | C2 | C2 | C2 | C2 |
- |
- Nivel básico, equivalente ao nivel A2 do MECRL. Nos idiomas francés, inglés e italiano, pode ter unha duración de dous cursos de 120 horas (básico A1 e básico A2) ou desenvolverse nun único curso de 120 horas; no idioma alemán, ten unha duración de dous cursos de 120 horas (básico A1 e básico A2); nos idiomas chinés e xaponés, pode ter unha duración de dous cursos de 120 horas (básico A1 e básico A2) ou desenvolverse en tres cursos de 120 horas; e nos idiomas español para estranxeiros, galego e portugués pode ter unha duración dun curso de 120 horas ou unha duración dun curso de 60 horas.
- Nivel intermedio B1. Nos idiomas español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano e portugués ten unha duración dun curso de 120 horas (aínda que no caso do galego, do español para estranxeiros e do portugués pode desenvolverse nun curso de 60 horas); no idioma alemán ten unha duración de dous cursos de 120 horas; e nos idiomas chinés e xaponés ten unha duración de tres cursos de 120 horas.
- Nivel intermedio B2. Nos idiomas alemán, chinés, español para estranxeiros, galego, portugués e xaponés ten unha duración dun curso de 120 horas; nos idiomas francés, inglés e italiano ten unha duración de dous cursos de 120 horas.
- Nivel avanzado C1. Nos idiomas español para estranxeiros, galego e portugués ten unha duración dun curso de 120 horas; nos idiomas alemán, francés, inglés e italiano ten unha duración de dous cursos de 120 horas.
- Nivel avanzado C2. Ten unha duración dun curso de 120 horas para todos os idiomas.
Os cursos ordinarios poden ser:
- anuais: 120 horas de duración, de setembro a xuño distribuídas en dúas sesións semanais de 2h ou en tres sesións semanais de 1h 20 min.
- cuadrimestrais: 60 horas de duración, de setembro a febreiro ou de febreiro a xuño, nos casos en que está prevista a organización das ensinanzas nun curso de 60 horas, distribuídas no mesmo número de sesións semanais que os cursos anuais.
Certificacións oficiais
Ao rematar cada nivel e superar as probas de avaliación, o alumnado obtén o certificado oficial correspondente.
Modalidade libre
Existe a posibilidade de obter os certificados de todas as linguas que se imparten na EOI de Vigo (niveis A2, B1, B2 e C1) pola modalidade libre, realizando as probas que se celebran anualmente durante o mes de xaneiro ou febreiro. Consulte o apartado “Preinscrición, matrícula e formas de acceso“ para obter máis información.
Validez das titulacións das Escolas Oficiais de Idiomas
As certificacións obtidas nas EOI son titulacións de recoñecido prestixio no mundo laboral e profesional. Son as únicas titulacións oficiais válidas en todo o territorio español, expedidas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e polas comunidades autónomas con competencias educativas nas que se certifica o dominio dun nivel de competencia lingüística dunha lingua estranxeira ou das diferentes linguas autonómicas.
Estas certificacións son recoñecidas por distintos organismos oficiais como:
- horas de formación para o funcionariado de Galicia e das diferentes comunidades autónomas
- horas de formación permanente para o profesorado (sexenios, concursos, concesións de bolsas, intercambios, proxectos europeos), (Orde do 1 de marzo de 2007, DOG do 14 de abril)
- méritos en concursos de traslados para funcionariado de Galicia e das diferentes comunidades autónomas do Estado español
- méritos na fase de concurso-oposición para o acceso á función pública en territorio español
- habilitación para impartir especialidades de linguas en educación primaria para funcionarios de carreira, segundo a Orde do 10 de abril de 1992 (DOG do 24 de abril).
- habilitación para impartir, nunha lingua estranxeira, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Orde do 18 de febreiro de 2011, DOG do 26 de abril de 2011).