Skip to Content

Probas libres

Anuncio sobre as Probas Libres 2025

Aviso Importante sobre as Probas Libres 2024-2025

Informamos a todas as persoas interesadas que as probas libres, convocadas pola Consellería de Educación en Santiago de Compostela, non se realizarán no mes de xaneiro como en ocasións anteriores. 

A nova data prevista para as probas será en xuño 2025, e o período de matrícula estará aberto previsiblemente entre os meses de marzo e abril. Recomendámosvos estar atentos a estas datas para realizar a matrícula no prazo adecuado.

Pódese optar ao noso serviso AVISÁMOSTE para recibir un correo de aviso de apertura de matrícula nestas probas.

MATRÍCULA LIBRE: Información xeral

A matrícula na modalidade libre está dirixida ás persoas que, sen asistir ás clases presenciais, soamente desexen presentarse ás probas de certificación nunha convocatoria única para certificar o seu nivel nas linguas que ofrecen a EOI de Vigo e as restantes escolas oficiais de idiomas de Galicia.

INFORMACIÓNS PREVIAS

Antes de matricularse, teña en conta o seguinte:

  • O alumnado poderá matricularse na modalidade libre nas probas dos niveis básico A2, intermedio B1, intermedio B2 e avanzado C1;
  • Restricións de idade: é preciso ter cumpridos os 16 anos antes do 31 de decembro do ano 2023 (para a 1ª lingua estranxeira cursada na ESO), ou ter cumpridos os 14 anos para calquera idioma diferente ao que estea a cursar como 1.ª lingua estranxeira na ESO;
  • Non é necesario superar o exame de certificación dun nivel inferior para poder presentarse a un de nivel superior;
  • Non hai límite de convocatorias en modalidade libre (é posible matricularse cantas veces se queira);
  • Non se certifican horas de formación en modalidade libre;
  • Non é posible obter o certificado dun nivel equivalente a outro xa obtido nun plan de estudos de EOI antigo;
  • O alumnado que xa realizou estudos nunha escola oficial de idiomas en cursos anteriores e desexe matricularse polo réxime libre noutra escola diferente, deberá indicar esta circunstancia coa súa solicitude de matrícula para que a escola onde se matricula como alumno/a libre solicite o traslado de expediente á escola de orixe.
  • O alumnado non poderá estar matriculado no mesmo idioma e curso no mesmo ano académico por ensino oficial e libre simultaneamente.
  • O alumnado na modalidade libre debe comprobar se se pode presentar ás probas nas datas establecidas antes de matricularse. Non se devolven as taxas. O pagamento non poderá ser fraccionado.

Curso 2024-2025: maio/xuño de 2025

Consulte a Resolución aquí.

PRAZOS DE MATRÍCULA LIBRE 

Prazo de inscrición: pendente de confirmación
Consulta da adxudicación por sorteo: pendente de confirmación
Prazo de entrega de documentación: apendente de confirmación

A matrícula non terá validez ata que se presente a documentación correspondente.

Matrícula en liña, no enderezo: (ainda non está activado para o curso 2024-2025)
https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre

LUGAR DE CELEBRACIÓN DAS PROBAS LIBRES
As probas libres celebraranse na sede central da EOI de Vigo (Av. Martínez Garrido 17).
Non se celebrarán probas nas seccións.

NIVEL A2 e NIVEL B1: na EOI de Vigo administraranse probas para todos os idiomas.

NIVEL B2 e NIVEL C1: na EOI de Vigo administraranse probas soamente para:

  • Español como lingua estranxeira
  • Galego
  • Inglés
  • Italiano
  • Xaponés (soamente B2)

(Para saber onde se administraron as probas libres doutros idiomas en cursos anteriores, consulte o punto 5 da Instrución 4/2022 da Dirección Xeral de Formación Profesional.

CALENDARIO DAS PROBAS

As datas dos niveis A2 e B1 poden coincidir coas datas fixadas para os niveis B2 e C1.

As datas e horas das probas orais (probas de produción e coprodución de textos orais e de mediación oral) serán fixadas por cada EOI. Estas poderán realizarse antes ou despois das probas escritas e cada EOI deberá publicar as datas, cando menos, cunha semana de antelación con respecto á realización da proba.

No caso de coincidir exames orais de varios idiomas, non será posible realizar modificacións de datas de exames. Non é posible solicitar a devolución de taxas.

MODELOS DE PROBAS
Consulte os modelos de probas de certificación das Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia.

GUÍAS INFORMATIVAS E DE ESPECIFICACIÓNS DAS PROBAS
Consulte todas as guías informativas e de especificacións das probas de certificación dos niveis A2, B1, B2 e C1.

INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

Instrumentos de avaliación do nivel A2
Instrumentos de avaliación do nivel B1
Instrumentos de avaliación do nivel B2
Instrumentos de avaliación do nivel C1

Distribuir contido


by Dr. Radut