Skip to Content

Equipo de Dinamización Lingüística

Actividades do Equipo de Dinamización

Coordinadora: Eliezer Rajoy Sanromán
Contacto: eoi.vigo.edlg@edu.xunta.gal
Twitter: @edleoivigo
Instagram: @eoi.vigo.edl
Facebook: EDLEOIVigo

Newsletter: novembro

EDLG 2023-2024

 Agradecemos todo o desempeño e labor como coordinadora do EDLG no curso 2023-2024 a nosa compañeira de chinés, Marola Padín! Damos a benvida ao profesor de inglés, Eliezer, como o novo coordinador para o curso 2024-2025.

Dinamización lingüistica. Resumo actividades 2 trimestre by Marola 海韵

Viaxe Máxica: excursión do EDL, sábado 13 de abril

Apuntádevos para a excursión do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

PREZO: 28 Euros (a abonar en conserxería)

PRAZO DE INSCRICIÓN: ata o mércores, 10 de abril

MÁIS INFORMACIÓN: eoi.vigo.edlg@edu.xunta.gal

Viaxe Máxica do EDL

Celebración do 8 de marzo na EOI de Vigo

Temos unha exposición feita polo noso profesorado MULLERES NO MUNDO DAS LETRAS que invita a contemplación. 

Rosalía de Castro 2024

Festexamos o día de Rosalía de Castro o venres, 23 de febreiro, invitándovos a probar o Caldo de Gloria no adro da escola ás 12h00 e a continuación a asistir o espectáculo da nosa alumna María Alonso sobre a vida e obra de Rosalía de Castro: Eu son Rosalía. 

Exposición: Achegas das Mulleres á Sustentabilidade do Mar

O mércores 31 de xaneiro ás 18h no vestíbulo da EOI de Vigo terá lugar a inauguración da exposición "Achega das mulleres á sustentabilidade do mar".

Coa presenza da Deputada de Igualdade e Benestar Social Sandra Bastos e a impartición da conferencia da man de Tamara Amorín.

Máis info da exposición en https://sustentabilidadeenfeminino.campusdomar.gal/

Ven e participa! Esperámoste!

https://www.instagram.com/p/C2sdYixMzoN/?igsh=Y2Nnbnd3ajMycXpl

As Cousas de María, espectáculo músico-teatral

Momento interactivo do espectáculo que tivo moi boa acollida.

María Alonso presenta o seu espectáculo As Cousas de María o mércores, 29 de novembro ás 19.30 na Aula Magna da EOI de Vigo.

Contacontos de Samaín

Tamén agradecemos a Radiolinguas pola oportunidade de emitir en directo dende a biblioteca.

Magosto da EOI de Vigo

A EOI de Vigo invita ao alumnado a tomar unha presa de castañas entre moitas sorpresas planificadas polo Equipo de Dinamización Lingúistica. 

5.1, o noso club de lectura en galego, abre un segundo grupo

Tras moitos anos de éxito, o club de lectura en galego pon en andadura un segundo grupo en horario de mañá da man dos profesores Manuel Corbacho e Ana Garrido.

A primeira sesión será o XOVES, 19 de OUTUBRO ás 12h na biblioteca.

 

As profesoras Azucena Vázquez e Helen Burr seguen acompañando ao grupo en horario de tarde.

A primeira sesión será o MÉRCORES, 18 de OUTUBRO ás 18h na biblioteca.

 

Nalgúns momentos puntuais, os dous grupos xuntaranse para recibir autores ou autoras que nos veñen de visita para presentar a súa obra.

Animádevos a participar no CLUB de LECTURA 5.1.

Para máis información: eoi.vigo.vicedireccion@edu.xunta.gal

XIII ENCONTRO GALEGO DE POSTCROSSING

Para participar na visita guiada, é posible inscribirse en Conserxería ou no correo eoi.vigo.edlg@edu.xunta.gal

Distribuir contido


by Dr. Radut