Skip to Content

Actividades culturais

Cinema en versión orixinal (Multicines Norte)

Consulte aquí o cartaz de películas en versión orixinal subtitulada dos Multicines Norte.

Prezo para alumnado da EOI de Vigo: 4 euros (luns a xoves, excepto festivos, películas en versión orixinal).

É necesario presentar carné de estudante ou folla de matrícula.

Viaxe cultural a Amsterdam

Dende a Escola Oficial de Idiomas de Vigo temos o pracer de anunciar unha nova viaxe cultural a Amsterdam do 3 ao 9 de marzo de 2025. Trátase dunha oportunidade única para mellorar as túas habilidades lingüísticas e coñecer unha das cidades máis encantadoras de Europa.

Detalles da viaxe:

TRASLADOS: en bus Vigo/Oporto/Vigo

03/03 Oporto - Amsterdam
09/03 Amsterdam - Oporto

ESTANCIA: 6 noites no hotel Holiday Inn Express Amsterdam (inclúe aloxamento e almorzo).

SEGURO: anulación e asistencia incluídos.

Prezo por persoa en habitación dobre: 985 €*

Suplemento individual: 400 €

*O prezo final pode variar en función do número de viaxeiros.

Aproveita esta experiencia para facer amizades e explorar os recunchos culturais de Amsterdam. Entre as actividades programadas teremos visitas a museos, paseos polos emblemáticos canais, excursións aos arredores e moito máis!

As prazas son limitadas, así que anímate e fai a túa reserva o antes posible.

Información e reservas: Escribe a belen.suarez@nautaliaviajes.es para confirmar a túa praza ou resolver calquera dúbida.

Esperámoste nesta aventura única!

 

Laternenumzug

Laternelaufen na EOI de Vigo: Invitámoste a vivir esta fermosa tradición alemá ao redor do día de San Martiño. O 11 de novembro, adultos e crianzas cunha lanterna colorida pasean polas rúas cantando cancións tradicionais.

Disfruta dunha experiencia máxica e comunitaria que complementa o espírito do outono, achegando luz e cultura ao noso camiño.

Ciclo de Cinema en Italiano

3o Ciclo 3º CICLO DI CINEMA ITALIANO

  • DANTE di Pupi Avati 5/11
  • MARIA MONTESSORI di Léa Todorov 12/11
  • STRANEZZA di Roberto Ando 19/11

Ore 20:00H

Auditorio municipal do Concello Vigo

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

CONCELLO DE VIGO

Pinturas en colaboración

O traballo en grupo ou en parellas ten unha fascinación propia porque permite a interacción facendo eco á creación allea e xerando así unha sintonía e consonancia dos elementos. Ao mesmo tempo, cada participante segue apor- tando o seu estilo moi persoal e individual. Esta dimensión adicional elaborando redes de accións e reaccións falta nas creacións en solitario.

Moitas veces a relación entre as achegas é tal que traballando en grupo, comenzando unha, as outras deciden continuar xusto co mesmo bote de pintura coincidindo en cor e forma de como queren seguir avanzando nese momento dado.

  • Roswitha Althoff, profesora (alemán) -- a súa páxina web
  • Alicia Gil, profesora xubilada (inglés)
  • Maria Jesús Pirallo
  • Estela Ivkovcic

Para pintar en colaboración como grupo de alumnado ou de forma individual, contacta con roswithaalthoff@edu.xunta.gal.

A cambio dun donativo solidario considerable ao Banco de Alimentos de Vigo, cédese unha pintura que selecciona o doante. Contacta con roswithaalthoff@edu.xunta.gal

Exposición AUFARBEITUNG outubro 2024

AUFARBEITUNG.

Esta palabra remite ao traballo e à politica de memoria histórica en termos sociais, culturais, politicos e psicolóxicos no contexto da historia da extinta República Democrática Alema (RDA) e da unificación de Alemaña despois da caida do Muro de Berlin. En 2024 cúmprense 75 anos dende a división de Alemaña e 35 anos da caida do Muro. Este acontecemento histórico de 1989 marcou o inicio de importantes cambios na vida da cidadania alemá e tivo implicacións politicas e económicas a nivel global. Isto pareceunos unha boa razón para vos achegar uns aspectos tal vez menos coñecidos da historia de Alemaña.

Os 20 paneis aqui expostos tratan varios temas e momentos históricos visibilizados na memoria històrica da RDA Os pósteres desta exposición en lingua alema contan con cadansúa tradución ao galego elaborada polo alumnado da materia Tradución especializada, Servizos Culturais, alemán-galego de T&I (curso 2023-2024) co apoio das profesoras Patricia Buxan Outeiro (revisión) e Silvia Montero Küpper (revisión e coordinación).

Alumnado: Adriana Correa Villarino, Carla Seoane Fandiño, Carla Ulloa Garcia, Cristina Búa Méndez, Isabella Foylan Clayton, Juan M. Fischer Rodriguez e Lucia Álvarez Rodriguez.

Recollida de Material Escolar

Ata o 4 de outubro, pódese depositar material escolar nunha caixa na entrada da EOI de Vigo que será enviado a esta escola en Mauritania para fillas e fillos de migrantes.

Festa de mediados de outono, 17 de setembro

Grazas por celebrar connosco! Aprende tamén co QUIZ sobre esta festa chinesa:

Canto sabes sobre Mediados de Outono?

O departamento de chinés celebra a Festa de Mediados de Outono o martes, 17 de setembro na Aula Polivalente (ao fondo da planta principal) de 19:00 a 20:00 con pasteis especiais.

Alemán en Tui: Stammtisch fin de curso 23 de xuño 9.30

O alumnado de alemán de Tui festexa o fin de curso o domingo 23 de xuño ás 9:30 no local Pancho 3.0

Oficina de Samba

O departamento de portugués convida toda a comunidade estudantil a participar da aula de introduçao ao samba brasileiro nesta próxima quinta.

Professora de dança: Rosalía Rodríguez Barbosa

Conversation with... Gary Pare, Vascular Surgeon from the USA

The English department invites advanced students to get to know a visiting vascular surgeon from the United States and ask him questions about his fascinating profession.

In the multiuse room (aula polivalente) of the EOI on Emilio Martínez Garrido street on Friday, May 3rd at 12:00.

Terceira Proba de Aventura e Orientación Urbana "Un Mar de Linguas" 2024

Descarga os resultados aquí.

Os aventureiros poden tamén probar a aventura en liña elaborada polo profesorado este ano aquí.

Para familiarizarte coas  características da proba, podes ler o seguinte dossier explicativo, no que atoparás toda a información necesaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut