O alumnado que, debido a unha discapacidade (por exemplo, auditiva ou visual) ou a calquera outra situación persoal, necesite algún tipo de adaptación para realizar as probas de certificación deberá presentar unha solicitude de adaptación das probas acompañada da documentación acreditativa das súas necesidades específicas.
Debe solicitarse ao realizar a matrícula.