TRASLADO DE EXPEDIENTE
O alumnado que estivese matriculado en cursos anteriores noutra escola oficial de idiomas de España e desexe continuar os seus estudos na EOI de Vigo deberá seguir o procedemento de preinscrición e matrícula establecido e, á hora de formalizar a matrícula, deberá achegar unha certificación académica da EOI de orixe.
Lembre aboar as taxas de traslado de expediente na EOI de procedencia, se é o caso.
TRASLADO DE MATRÍCULA VIVA
Durante o curso escolar, se precisa cambiar de EOI e, por tanto, realizar traslado de matrícula viva, debe ter en conta as seguintes informacións:
- O traslado de matrícula viva pode realizarse entre o 15 de outubro e o 30 de abril.
- Debe consultar na secretaría se existen prazas vacantes no idioma e nivel desexado.
- Debe achegar unha certificación académica da EOI de orixe e o xustificante de pagamento de taxas, se provén dunha EOI de Galicia. Se procede dunha EOI de fóra de Galicia terá que aboar a totalidade das taxas de matrícula.
- Teña en conta que algunhas comunidades autónomas cobran taxas polos traslados (Asturias, Comunidade Valenciana, Cantabria...)