Soamente procede a devolución de taxas por:
- Causa imputable ao centro (peche de grupo ou modificación por parte do centro do horario no que se matriculou)
- Concesión dunha bolsa para os estudos de idiomas
A documentación que debe achegar nestes dous casos é:
- Impreso de solicitude de devolución
- Fotocopia do DNI / NIE
- Certificación bancaria co número de conta (onde a Consellería de Facenda lle realizará a devolución)
- Orixinal e fotocopia do impreso das taxas aboadas
- Resolución da concesión de bolsa, se é o caso