Skip to Content

Actividades

International Book Day QUIZ

The English department brings you a quiz for a very special day, April 23rd -- International Book Day. Many thanks to our teacher Cayetana!

Biblioteca: Día Internacional do Libro

Celebra o Día Internacional do Libro connosco!

Ao longo do día do martes, 23 de abril, haberá un Intercambio de Libros no adro da escola. Tamén haberá agasallos para os primeiros que utilicen servizo de préstamo na nosa biblioteca.

        

Encontros con Autores

Entre as actividades propostas pola Biblioteca nos meses de abril e maio, haberá unha serie de encontros con autores.

  • O luns, 29 de abril ás 19h a escritora Lorena Amkie presenta o seu libro La patata narradora. É un libro de tiras cómicas da autora da saga Gothic Doll. Terá un compoñente interactivo dado que ten un canle de YouTube para axudar a outros escritores. (Aula Polivalente)

  • O xoves, 2 de maio ás 19h a escritora presenta o seu libro Maria Teresa Pereiro, antiga alumna da EOI, presenta o seu libro El tiempo de la sal. É unha novela ambientada en Vigo en 1878. (Biblioteca)

  • O martes, 7 de maio ás 19h a escritora Ledicia Costas visita o club de lectura 5.1 para falar do seu libro Golpes de Luz. (Aula Polivalente)

  • O mércores, 15 de maio ás 19h30 o profesor de italiano Stefano María Mantello presentará o seu libro Cinco Contrasentidos con lectura de fragmentos con acompañamento musical a cargo do profesor de italiano Fabio Angelli. (Aula Polivalente)

Biblioteca: Lévanos de viaxe contigo

Do 16 de abril ao 20 de maio.

Lévanos de Viaxe contigo

Deixa a túa tarxeta no adro da EOI de Vigo contándonos onde o teu libro nos leve.

Día da Poesía

Festexamos o Día da Poesía con 2 recitais. Queres recitar ti tamén?

Programa

Celebración do 8 de marzo na EOI de Vigo

Temos unha exposición feita polo noso profesorado MULLERES NO MUNDO DAS LETRAS que invita a contemplación. 

Concurso de Microrrelatos 23/24

NOVEDADE: Un Podcast Feito polo Equipo de RADIO LINGUAS cos contos gañadores. Para non perder!!

 

Biblioteca: Obradoiros Literarios

Inscríbete en eoi.vigo.biblioteca@gmail.com ou en conserxería

LECTURA TEATRALIZADA (CAMBIADAS as datas de novo)

  • Martes, 5 decembro: 19.30-21.00
  • Martes, 12 decembro: 19.30-21.00

Queres ler unha obra de teatro coma un actor ou unha actriz? Pois reúne todo o teu talento e anímate a vir ao taller de Constance Hurlé en lingua galega. Non o dubides! Esperámoste!

 

OBRADOIRO DO CONTO

  • Xoves 23 novembro: 18:30-20:00
  • Xoves 30 novembro: 18:30-20:00

Gustaríache sacar a voar a túa imaxinación e crear novas e imaxinativas historias? Participa logo no obradoiro de escritura creativa “El juego al revés” de María Carrazoni. Abofé que che vai encantar!

EMPATHY AND CRITICAL WRITING

  • AFTERNOON SESSION: Monday evening, December 11th at 18.00-20.00
  • SAME SESSION REPEATED: Tuesday morning, December 12th at 10.30-12.30

Ian Matthews will give a workshop on writing reviews and summaries. There will be exploration of the concept of empathy and how audiences connect with culture.

Inscríbete en eoi.vigo.biblioteca@gmail.com ou en conserxería

A BIBLIOTECA SAE NOS MEDIOS

Lea aquí a seguinte noticia publicada nos medios sobre a actividade "Cita ás cegas na biblioteca".

FESTA DE INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA - NOVA DATA

O tempo dispoñible para que o alumnado recite está completo, polo que non se aceptan novas propostas.  

ENTREVISTA A ISABEL PARREÑO, AUTORA DE "BLU PALINURO"

En 2022, a escritora Isabel Parreño charlou con Pilar Ortega Pereiro e con Laura Rodríguez Tato, membro do equipo da bliblioteca da EOI de Vigo, sobre o seu último libro, "Blu Palinuro", no cal Italia, as viaxes e a literatura son as grandes protagonistas.

Presentamos a entrevista integral xunto cunha breve selección de 15 minutos de duración.

Consulta o blog da Biblioteca da EOI de Vigo.

GAÑADORES DO CONCURSO DE RELATOS 2022

Lea os textos orixinais e as respectivas traducións dos relatos gañadores do concurso convocado pola Biblioteca da EOI de Vigo:

Relato en alemán, de Jorge Núñez Suárez
Relato en chinés,  de Eva Vázquez Fernández
Relato en francés, de Rafael Fernández Vilas
Relato en galego, de Leticia Tormo Rueda
Relato en inglés, de Nuria García González
Relato en italiano, de Sonia Vilchez Roche
Relato en portugués, de María D. Alonso García

Nesta ocasión, o gañador absoluto foi o relato escrito en galego. Parabéns a tod@s!

Distribuir contido


by Dr. Radut