Skip to Content

Exposición AUFARBEITUNG outubro 2024

AUFARBEITUNG.

Esta palabra remite ao traballo e à politica de memoria histórica en termos sociais, culturais, politicos e psicolóxicos no contexto da historia da extinta República Democrática Alema (RDA) e da unificación de Alemaña despois da caida do Muro de Berlin. En 2024 cúmprense 75 anos dende a división de Alemaña e 35 anos da caida do Muro. Este acontecemento histórico de 1989 marcou o inicio de importantes cambios na vida da cidadania alemá e tivo implicacións politicas e económicas a nivel global. Isto pareceunos unha boa razón para vos achegar uns aspectos tal vez menos coñecidos da historia de Alemaña.

Os 20 paneis aqui expostos tratan varios temas e momentos históricos visibilizados na memoria històrica da RDA Os pósteres desta exposición en lingua alema contan con cadansúa tradución ao galego elaborada polo alumnado da materia Tradución especializada, Servizos Culturais, alemán-galego de T&I (curso 2023-2024) co apoio das profesoras Patricia Buxan Outeiro (revisión) e Silvia Montero Küpper (revisión e coordinación).

Alumnado: Adriana Correa Villarino, Carla Seoane Fandiño, Carla Ulloa Garcia, Cristina Búa Méndez, Isabella Foylan Clayton, Juan M. Fischer Rodriguez e Lucia Álvarez Rodriguez.



page | by Dr. Radut