Skip to Content

Xunta de Representantes do Alumnado

Nova convocatoria: luns, 4 de novembro, 17.30, Aula Magna

Convócase reunión da xunta de representantes do alumnado na Aula Magna da sede central da EOI de Vigo o vindeiro luns día 4 de novembro de 2024 ás 17.30 horas en primeira convocatoria e ás 17.45 horas en segunda convocatoria (iniciarase a reunión en primeira convocatoria se estiveren presentes representantes de polo menos 50% dos grupos da EOI, e en segunda convocatoria con aqueles que estean presentes), coa seguinte orde de traballos:

1.- Breve exposición das funcións das persoas representantes do alumnado, das funcións da presidencia da xunta, e das eleccións ao Consello Escolar que se celebran neste ano, a cargo da xefatura de estudos da EOI.

2.- Elección da nova presidencia da xunta de representantes do alumnado.

3.- Rolda de intervencións.

Poden estar presentes todas as persoas delegadas e subdelegadas da EOI, pero soamente é necesaria a presenza dun representante de cada grupo ordinario da EOI, pois soamente se emitirá un voto por grupo.

Normativa aplicábel: Título IV do Regulamento Orgánico das Escolas Oficiais de Idiomas ( DECRETO 189/2010, do 11 de novembro, https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2010/20101119/Anuncio3C056_gl.html ) e apartados 4.6.2 e 4.6.3 das Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia da EOI de Vigo ( http://www.edu.xunta.gal/centros/eoivigo/?q=system/files/NOF_0.pdf ).



page | by Dr. Radut