Skip to Content

Información xeral sobre as taxas

Desglose dos prezos públicos e exencións 

Taxas

Desagregación de conceptos

  • Apertura de expediente académico: 22 € (págao o alumnado oficial e libre que se matricula pola primeira vez nunha EOI de Galicia)
  • Servizos xerais: 13 € (págao o alumnado oficial unha soa vez por curso escolar independentemente do número de idiomas cursados)
  • Matrícula por cada idioma en modalidade oficial (con dereito a convocatorias ordinaria e extraordinaria): 92 €
  • Matrícula por idioma en modalidade libre (con dereito a convocatoria libre): 46 €

Exencións e bonificacións
Todas as bonificacións e exencións deben ser acreditadas polo alumno/a no momento de formalizar a matrícula presentando orixinal e copia da documentación correspondente.

  • Familias numerosas de categoría especial: exención do 100%
  • Familias numerosas de categoría xeral: bonificación do 50% do importe total
  • Persoas cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%: exención do 100%
  • Vítimas de actos terroristas, cónxuxes e fillas/os: exención do 100%
  • Alumnas vítimas de violencia de xénero e fillos/as: exención do 100%
  • Funcionarias/os dos corpos docentes: exención do pagamento dos prezos públicos agás os correspondentes á apertura de expediente e servizos xerais, unicamente nas materias de nova matriculación (os repetidores perden a exención)
  • Bolsas para estudos de idiomas: deberá acreditarse coa documentación xustificativa de ter solicitado a axuda ou bolsa para estudos de idiomas. Unha vez resolta a convocatoria, o alumnado beneficiario deberá presentar a súa credencial de bolseiro na secretaría do centro. En caso de non resultar beneficiario, o alumnado deberá aboar os prezos correspondentes á matrícula, á apertura de expediente, aos servizos xerais xunto cos xuros de demora correspondentes que efectuará nun único pagamento no prazo dun mes desde a publicación da resolución pola que se conceden ou denegan as bolsas. No caso de non efecturar o pagamento procederase á anulación da matrícula.

Exemplos de taxas (en euros)

MODALIDADE OFICIAL
 Tipo de alumnado 1 idioma 2 idiomas 3 idiomas Proba de clasificación
 Alumnado ordinario novo (1) 127 219 311 17
 Alumnado ordinario antigo (1) 105 197 289 17
 Familia numerosa xeral novo (1) 63,50 109,50 155,50 8,50
 Familia numerosa xeral antigo (1) 52,50 98,50 144,50 8,50
 Familia numerosa especial
 vítimas de actos terroristas, cónxuxes e fillos/fillas
 alumnas vítimas de violencia de xénero e fillos/fillas
0 0 0 0
 Minusvalías >= 33% 0 0 0 0
 Funcionaria/o docente nova/o (1,2) 35 35 35 0
 Funcionaria/o docente antiga/o (1,2) 13 13 13 0
 (1) Por alumnado “novo” enténdese o alumnado que se matricula pola primeira vez nunha EOI de Galicia. Se, pola contra, xa estivo matriculado nalgunha EOI de Galicia, considérase “antigo”
 (2) As/Os funcionarias/os docentes só teñen exención na primeira matrícula para cada idioma e curso. Non é de aplicación no caso de que repita curso.

 

MODALIDADE LIBRE
 Tipo de alumnado 1 matrícula 2 matrículas 3 matrículas
 Alumnado ordinario novo (1) 68 114 160
 Alumnado ordinario antigo (1) 46 92 138
 Familia numerosa xeral novo (1) 34 57 80
 Familia numerosa xeral antigo (1) 23 46 69
 Familia numerosa especial
 vítimas de actos terroristas, cónxuxes e fillos/fillas
 alumnas vítimas de violencia de xénero e fillos/fillas
0 0 0
 Minusvalías >= 33% 0 0 0
 Funcionaria/o docente nova/o (1,2) 22 22 22
 Funcionaria/o docente antiga/o (1,2) 0 0 0
 (1) Por alumnado “novo” enténdese o alumnado que se matricula pola primeira vez nunha EOI de Galicia. Se, pola contra, xa estivo matriculado nalgunha EOI de Galicia, considérase “antigo”.
 (2) As/Os funcionarias/os docentes só teñen exención na primeira matrícula para cada idioma e curso. Non é de aplicación no caso de que se repita.


page | by Dr. Radut