Os cursos monográficos son cursos nos que se traballan destrezas específicas ou aspectos concretos da lingua de xeito modular. Estes cursos organízanse en cursos de 30, 60 ou de 120 horas, ofrecendo ao alumnado a posibilidade de seguir en contacto coa lingua sen a necesidade de matricularse nun grupo oficial e sen a presión do exame.
Durante o primeiro cuadrimestre, os cursos monográficos de 60 horas terán docencia dende o 16 de setembro ata finais do mes de xaneiro. Durante o segundo cuadrimestre, os cursos monográficos de 60 horas terán docencia dende finais de xaneiro ata finais de maio.
Os cursos monográficos de 120 horas teñen carácter anual e impartiranse dende o 21 de setembro ata finais de maio.
MATRÍCULA
IMPORTANTE: PRAZO DE MATRÍCULA para os monográficos do primeiro cuadrimestre: 2-13 de setembro de 2024
AS CLASES COMEZAN A PARTIR DO DÍA 16 de setembro de 2024
Toda a documentación deberá presentarse dentro dos prazos establecidos.
PAGAMENTO DE TAXAS
Os prezos públicos das EEOOII de Galicia están regulados polo Decreto 89/2013, do 13 de xuño (DOG núm. 114 publicado o 17 de xuño de 2013). Para os cursos monográficos, o importe é de 1,5 euros/hora + as taxas de servizos xerais (13 euros) Adicionalmente, o alumnado que se matricule por primeira vez nunha EOI deberá aboar as taxas de apertura de expendiente (22 euros).
O alumnado deberá realizar o pagamento nunha entidade bancaria ou de forma telemática, dentro do prazo establecido.
Consulte información sobre as taxas, como se pagan e os códigos de tramitación.
INFORMACIÓN XERAL SOBRE OS CURSOS MONOGRÁFICOS OFRECIDOS NO CURSO 2023-2024
OFERTA EDUCATIVA DE CURSOS MONOGRÁFICOS NO CURSO 2024-2025