Skip to Content

Entrevista a Hiroko Ikeda, profesora de xaponés

Fálanos un pouco de ti.

Chámome Hiroko Ikeda. Son de Yokohama, Xapón.

Suevia Sobral, Paula Blanco e Hiroko Ikeda diante do photocall do Samaín xaponés.

 

Que estudiaches e onde?

Gradueime na universidade no Xapón. Aínda que a miña carreira foi socioloxía, interesábame ensinar xaponés ós estudantes internacionais polo que agora estou realizando un máster sobre linguística aplicada.

En que países viviches?

Vivín en México e California, Estados Unidos, durante dous anos en cada sitio, para obter experiencia como profesora. E tamén estiven en Alicante, Salamanca e Barcelona hai uns dez anos para aprender español.

Por que decidiches vir a Galicia?

Como dixen antes, xa estiven en varias cidades de España e quería aproveitar esta ocasión para ter unha experiencia diferente, polo que me decidín a vir a Galicia. Encántame a natureza, a gastronomía e a xente de Galicia.

Como coñeciches a nosa escola e que che pareceu?

Unha amiga faloume da vosa escola e díxome que o curso de xaponés é marabilloso. A verdade, o ambiente da clase era moi agradable e sorprendeume a diversidade dos alumnos (idade, profesión ou motivación do estudio).



page | by Dr. Radut