A1 - A2 - B1
Para solicitar certificación académica (certificado con historial de estudos realizados), así como os certificados de nivel básico A1, nivel básico A2, nivel intermedio B1 e os certificados de competencias parciais debe poñerse en contacto coa secretaría do centro en horario de atención ao público presencialmente ou ben por teléfono.
Teña en conta que a tramitación destes documentos pode levar varios días, especialmente en períodos de matrícula ou exames.
B2 - C1 - C2
Os títulos de nivel intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2 son emitidos pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia. A solicitude deste título ou equivalente tramítase presencialmente na secretaría do centro e esixe presentar:
- unha fotocopia do DNI / NIE.
- o xustificante de pagamento da taxa de expedición (ordinaria: 25,91 €; familia numerosa de categoría xeral: 12,97 €; familia numerosa de categoría especial: exento 0 €), [ver modelo con códigos de tramitación] Se vostede paga de xeito telemático, recorde descargar o Modelo 730 para xustificar o pagamento.
Para realizar o pagamento da taxa de expedición nun banco (lista de entidades financeiras colaboradoras), debe primeiro recoller o modelo AI na administración da Escola Oficial de Idiomas. Tamén pode obter o modelo AI en https://ovt.atriga.gal/ > Cidadáns > Iniciar Taxa > cadeado aberto > Descargar modelo.
Pode tamén encher o modelo 731 en https://ovt.atriga.gal/ > Cidadáns > Iniciar Taxa > cadeado aberto > Iniciar taxa, para despois imprimir e presentar nun banco.
Por último, pode encher o modelo de autoliquidación e pagar con tarxeta en https://ovt.atriga.gal/ > Cidadáns > Iniciar Taxa > cadeado aberto > Iniciar taxa