Skip to Content

MATRÍCULA LIBRE: Información xeral

A matrícula na modalidade libre está dirixida ás persoas que, sen asistir ás clases presenciais, soamente desexen presentarse ás probas de certificación nunha convocatoria única para certificar o seu nivel nas linguas que ofrecen a EOI de Vigo e as restantes escolas oficiais de idiomas de Galicia.

INFORMACIÓNS PREVIAS

Antes de matricularse, teña en conta o seguinte:

  • O alumnado poderá matricularse na modalidade libre nas probas dos niveis básico A2, intermedio B1, intermedio B2 e avanzado C1;
  • Restricións de idade: é preciso ter cumpridos os 16 anos antes do 31 de decembro do ano 2023 (para a 1ª lingua estranxeira cursada na ESO), ou ter cumpridos os 14 anos para calquera idioma diferente ao que estea a cursar como 1.ª lingua estranxeira na ESO;
  • Non é necesario superar o exame de certificación dun nivel inferior para poder presentarse a un de nivel superior;
  • Non hai límite de convocatorias en modalidade libre (é posible matricularse cantas veces se queira);
  • Non se certifican horas de formación en modalidade libre;
  • Non é posible obter o certificado dun nivel equivalente a outro xa obtido nun plan de estudos de EOI antigo;
  • O alumnado que xa realizou estudos nunha escola oficial de idiomas en cursos anteriores e desexe matricularse polo réxime libre noutra escola diferente, deberá indicar esta circunstancia coa súa solicitude de matrícula para que a escola onde se matricula como alumno/a libre solicite o traslado de expediente á escola de orixe.
  • O alumnado non poderá estar matriculado no mesmo idioma e curso no mesmo ano académico por ensino oficial e libre simultaneamente.
  • O alumnado na modalidade libre debe comprobar se se pode presentar ás probas nas datas establecidas antes de matricularse. Non se devolven as taxas. O pagamento non poderá ser fraccionado.

Curso 2024-2025: maio/xuño de 2025

Consulte a Resolución aquí.

PRAZOS DE MATRÍCULA LIBRE 

Prazo de inscrición: pendente de confirmación
Consulta da adxudicación por sorteo: pendente de confirmación
Prazo de entrega de documentación: apendente de confirmación

A matrícula non terá validez ata que se presente a documentación correspondente.

Matrícula en liña, no enderezo: (ainda non está activado para o curso 2024-2025)
https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre

LUGAR DE CELEBRACIÓN DAS PROBAS LIBRES
As probas libres celebraranse na sede central da EOI de Vigo (Av. Martínez Garrido 17).
Non se celebrarán probas nas seccións.

NIVEL A2 e NIVEL B1: na EOI de Vigo administraranse probas para todos os idiomas.

NIVEL B2 e NIVEL C1: na EOI de Vigo administraranse probas soamente para:

  • Español como lingua estranxeira
  • Galego
  • Inglés
  • Italiano
  • Xaponés (soamente B2)

(Para saber onde se administraron as probas libres doutros idiomas en cursos anteriores, consulte o punto 5 da Instrución 4/2022 da Dirección Xeral de Formación Profesional.

CALENDARIO DAS PROBAS

As datas dos niveis A2 e B1 poden coincidir coas datas fixadas para os niveis B2 e C1.

As datas e horas das probas orais (probas de produción e coprodución de textos orais e de mediación oral) serán fixadas por cada EOI. Estas poderán realizarse antes ou despois das probas escritas e cada EOI deberá publicar as datas, cando menos, cunha semana de antelación con respecto á realización da proba.

No caso de coincidir exames orais de varios idiomas, non será posible realizar modificacións de datas de exames. Non é posible solicitar a devolución de taxas.

MODELOS DE PROBAS
Consulte os modelos de probas de certificación das Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia.

GUÍAS INFORMATIVAS E DE ESPECIFICACIÓNS DAS PROBAS
Consulte todas as guías informativas e de especificacións das probas de certificación dos niveis A2, B1, B2 e C1.

INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

Instrumentos de avaliación do nivel A2
Instrumentos de avaliación do nivel B1
Instrumentos de avaliación do nivel B2
Instrumentos de avaliación do nivel C1



page | by Dr. Radut