Skip to Content

Recomendacións de lectura

 

ALEMÁN CHINÉS ESPAÑOL
FRANCÉS GALEGO INGLÉS
ITALIANO PORTUGUÉS XAPONÉS
Plan Anual de Lectura
Plan de fomento da lectura (FL) e das habilidades no uso e tratamento da información.

Todos os departamentos da EOI de Vigo inclúen nas súas programacións a recomendación xeral de lectura e uso dos medios de comunicación para fomentar a aprendizaxe do idioma, a inmersión cultural na lingua de aprendizaxe, o dominio e procesamento da información, o desenvolvemento das habilidades no uso das TIC (tecnoloxías da información e comunicación) e da alfabetización informacional (ALFIN). Todas esas recomendación artellan o Plan Anual de Lectura.
 
Recoméndase ao alumnado integrar dun xeito regular a lectura no seu proceso de aprendizaxe das linguas e incorporala na lingua que está a aprender á súa actividade habitual.
 
Para facilitar a dita integración da lectura na aprendizaxe, anímase a facer uso da biblioteca, a cal irá actualizando e incorporando novos títulos de distintos xéneros así como material audiovisual de diversa temática. O alumnado pode coñecer o fondo bibliográfico da EOI de Vigo consultando o seu catálogo.

Do mesmo xeito, para facilitar o acceso a calquera tema de interese e para desenvolver as habilidades no uso e tratamento da información, recomendamos acceder aos medios de comunicación escritos e audiovisuais sinalados conFL (fomento de lectura), suxeridos na seguinte sección de Recursos de autoaprendizaxe de cada lingua:

- Recursos de autoaprendizaxe de ALEMÁN
- Recursos de autoaprendizaxe de CHINÉS
- Recursos de autoaprendizaxe de ESPAÑOL PARA ESTRANXEIROS
- Recursos de autoaprendizaxe de FRANCÉS
- Recursos de autoaprendizaxe de GALEGO
- Recursos de autoaprendizaxe de INGLÉS
- Recursos de autoaprendizaxe de ITALIANO
- Recursos de autoaprendizaxe de PORTUGUÉS
- Recursos de autoaprendizaxe de XAPONÉS

Actividades de aproveitamento das lecturas
Aproveitamento lectura_A1_Básico_Inglés
Aproveitamento lectura_B1_Intermedio_Inglés



page | by Dr. Radut