Matrícula aberta
Prazo AMPLIADO ata o 20 de de setembro
As clases comezan a partir do luns, 16 de setembro
Matrícula para os monográficos anuais e do primeiro cuadrimestre:
- do 2 ao 13 de setembro de 2024 en liña nas ligazóns proporcionadas aquí.
- previsiblemente do 16 ao 20 de setembro de forma presencial
As novedades deste curso son:
- Chinés -- novos cursos monográficos
- Francés -- ampliación de oferta en Nigrán
- Inglés -- ampliación de oferta na sede central
- Italiano -- novo curso monográfico
- Xaponés -- novos cursos monográficos
- Nigrán -- cursos monográficos de inglés e francés
- Redondela -- novo curso monográfico de inglés
Monográficos 2024-2025 de EOI de Vigo
PRAZO DE MATRÍCULA
Do 2 ao 13 de setembro 20 de setembro para os cursos de 120 horas e para os cursos do primeiro cuadrimestre.
Datas a confirmar en xaneiro para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).
Debe matricularse en liña utilizando a ligazón específica do curso e sede. Dentro da plataforma de matrícula non aparezan os cursos por horario. Consulta o código do curso na oferta.
Toda a documentación deberá ser presentada en prazo.
PREZO E PAGAMENTO
- Cada monográfico de 30 horas custa 45 euros.
- Cada monográfico de 60 horas custa 90 euros.
- Cada monográfico de 120 horas custa 180 euros.
- Apertura de expediente académico: 22 € (págao o alumnado que se matricula pola primeira vez nunha EOI de Galicia)
- Servizos xerais: 13 € (págao o alumnado unha soa vez por curso escolar)
- Os funcionarios docentes non teñen desconto nas taxas destes cursos
Pode recoller a folla de pagamento na sede central ou realizar o pagamento en liña.
Consulte toda a información sobre o pagamento de taxas aquí.
DOCUMENTACIÓN ADICIONAL
Copia do DNI ou NIE.