Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
luns Abril 29, 2024
Start: 29/04/2024 19:00

O luns, 29 de abril ás 19h a escritora Lorena Amkie presenta o seu libro La patata narradora. É un libro de tiras cómicas da autora da saga Gothic Doll. Terá un compoñente interactivo dado que ten un canle de YouTube para axudar a outros escritores. Aula Polivalente ao fondo da planta principal.

xoves Maio 02, 2024
Start: 02/05/2024 19:00

O xoves, 2 de maio ás 19h a escritora presenta o seu libro Maria Teresa Pereiro, antiga alumna da EOI, presenta o seu libro El tiempo de la sal. É unha novela ambientada en Vigo en 1878. (Biblioteca)

venres Maio 03, 2024
Start: 03/05/2024 12:00

The English department invites advanced students to get to know a visiting vascular surgeon from the United States and ask him questions about his fascinating profession.

In the multiuse room (aula polivalente) of the EOI on Emilio Martínez Garrido street on Friday, May 3rd at 12:00.

martes Maio 07, 2024
Start: 07/05/2024 19:00

O martes, 7 de maio ás 19h a escritora Ledicia Costas visita o club de lectura 5.1 para falar do seu libro Golpes de Luz. (Aula Polivalente)

xoves Maio 09, 2024
Start: 09/05/2024 11:00

O noso equipo de EDLG participará na celebración dos Maios das asociacións do barrio Calvario.

Será detrás da Biblioteca Neira Vilas ao lado da EOI.

Start: 09/05/2024 16:00

Sala de lectura pechada durante a actividade

Start: 09/05/2024 19:00

Aprazado...

Antón cannot come May 9th. A last-minute substitute "guest" will be in the Aula Polivalente at 19:00 to talk about her experiences as an orchestral musician in New Zealand.

mércores Maio 15, 2024
Start: 15/05/2024 19:30

O mércores, 15 de maio ás 19h30 o profesor de italiano Stefano María Mantello presentará o seu libro Cinco Contrasentidos con lectura de fragmentos con acompañamento musical a cargo do profesor de italiano Fabio Angelli. (Aula Polivalente). A PRESENTACIÓN SERÁ EN ITALIANO.

 

xoves Maio 16, 2024
Start: 16/05/2024 19:00

O departamento de portugués convida toda a comunidade estudantil a participar da aula de introduçao ao samba brasileiro nesta próxima quinta.

Professora de dança: Rosalía Rodríguez Barbosa

Start: 16/05/2024 19:30

Dentro das nosas celebracións de Letras Galegas, contamos coa actuación do Coro de Voces Graves de Vigo. O concerto será na Aula Magna a partir dás 19h30 na víspera do Día das Letras Galegas, o xoves 16 de maio de 2024. 

Con invitados:

Beatriz Riobó, soprano

Chuco Estévez, percusión

Coro Linguas da EOI de Vigo

venres Maio 17, 2024

Lembrade que non hai clase o 17 de maio.

A homenaxeada deste ano é Luisa Villalta. 

Máis información sobre ela e a súa obra.

domingo Maio 19, 2024
Start: 19/05/2024 11:00

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Celebramos a terceira proba de aventura e orientación urbana "Un mar de linguas" o vindeiro domingo 19 de maio ás 11h00 coa colaboración co Concello de Vigo. Comezaremos a proba na Praza do Rei, diante do edificio do concello. Anímate a pasar unha mañá divertida con nós!

Para familiarizarte coas  características da proba, podes ler o seguinte dossier explicativo, no que atoparás toda a información necesaria.

Para participar, podes crear o teu propio equipo de compañeiros e compañeiras de clase ou tamén podes traer algún amigo ou familiar, o importante é que todos os participantes do equipo debedes cubrir de xeito individual o seguinte formulario, para asegurarvos a praza dado que a actividade está limitada a 150 persoas.

Se non tes equipo propio, non te preocupes! O domingo 19 de maio asignarémoste un antes de que comece a proba.

Os menores de idade que queiran participar na carreira teñen que enviar unha autorización asinada polos seus pais/nais ou titores legais que está incluída no cuestionario de inscrición.

O prazo de inscrición a través da EOI de Vigo é do 29 de abril ata o 6 de maio. Logo desa data en caso de seguir habendo prazas, a inscrición será a través da web do Concello de Vigo e aberta ao público en xeral.

venres Maio 24, 2024
Start: 24/05/2024 12:00

O coro da EOI de Vigo comezou a súa andadura en outubro deste curso académico 2023-2024. Coa directora Pilar Moráguez o Coro Linguas conta con participantes entre o alumnado, profesorado, persoal non docente e comunidade achegada á escola.

No último día de clases antes do comezo dos exames de convocatoria ordinaria, o 24 de maio ás 12h00, ofrecerá un concerto de primavera na EOI de Vigo. 

Distribuir contido


by Dr. Radut