Skip to Content

Anuncios:

  

A edición de Vigo da Voz de Galicia publica o 19 de novembro un artigo sobre o noso alumnado de galego procedente do estranxeiro.

Mobilidades de Erasmus+ 2024-2025

Consultade a convocatoria en Aula Moodle.

Prazo de solicitude: entre o 15 e o 29 de novembro, ambos incluídos, presencialmente na administración da sede central. O alumnado pertencente aos grupos C e D deberá subir o vídeo de presentación e motivación mencionado na convocatoria neste apartado.

Cursos CELGA e Linguaxe administrativa do 2º cuadrimestre

Abre o prazo de matrícula nos cursos CELGA 2 + 4, e os cursos LAG do SEGUNDO cuadrimestre do 11 de novembro ata o 22 de novembro. Esta ligazón estará operativa dende o día 11. Atópase máis información e convocatoria e calendario completo aquí.

Consello Escolar

Proclámanse candidaturas. Consultade o calendario completo aquí.

Lotaría de Nadal

Este ano vai tocar! (33751) 

Pódese adquirir décimas do número reservado ata o 19 de decembro para a comunidade educativa da EOI de Vigo na Administración da Lotaría nº 10 na Rúa Urzaiz, 191 (a beira da Praza do Calvario).

Viaxe cultural a Amsterdam

Dende a Escola Oficial de Idiomas de Vigo temos o pracer de anunciar unha nova viaxe cultural a Amsterdam do 3 ao 9 de marzo de 2025. Trátase dunha oportunidade única para mellorar as túas habilidades lingüísticas e coñecer unha das cidades máis encantadoras de Europa.

Detalles da viaxe:

TRASLADOS: en bus Vigo/Oporto/Vigo

03/03 Oporto - Amsterdam
09/03 Amsterdam - Oporto

ESTANCIA: 6 noites no hotel Holiday Inn Express Amsterdam (inclúe aloxamento e almorzo).

SEGURO: anulación e asistencia incluídos.

Prezo por persoa en habitación dobre: 985 €*

Suplemento individual: 400 €

*O prezo final pode variar en función do número de viaxeiros.

Aproveita esta experiencia para facer amizades e explorar os recunchos culturais de Amsterdam. Entre as actividades programadas teremos visitas a museos, paseos polos emblemáticos canais, excursións aos arredores e moito máis!

As prazas son limitadas, así que anímate e fai a túa reserva o antes posible.

Información e reservas: Escribe a belen.suarez@nautaliaviajes.es para confirmar a túa praza ou resolver calquera dúbida.

Esperámoste nesta aventura única!

 

Pinturas en colaboración

O traballo en grupo ou en parellas ten unha fascinación propia porque permite a interacción facendo eco á creación allea e xerando así unha sintonía e consonancia dos elementos. Ao mesmo tempo, cada participante segue apor- tando o seu estilo moi persoal e individual. Esta dimensión adicional elaborando redes de accións e reaccións falta nas creacións en solitario.

Moitas veces a relación entre as achegas é tal que traballando en grupo, comenzando unha, as outras deciden continuar xusto co mesmo bote de pintura coincidindo en cor e forma de como queren seguir avanzando nese momento dado.

  • Roswitha Althoff, profesora (alemán) -- a súa páxina web
  • Alicia Gil, profesora xubilada (inglés)
  • Maria Jesús Pirallo
  • Estela Ivkovcic

Para pintar en colaboración como grupo de alumnado ou de forma individual, contacta con roswithaalthoff@edu.xunta.gal.

A cambio dun donativo solidario considerable ao Banco de Alimentos de Vigo, cédese unha pintura que selecciona o doante. Contacta con roswithaalthoff@edu.xunta.gal

Guía de Aulas e Espazos da Sede Central da EOI de Vigo

Onde está a túa aula? 

Consulta a guía de aulas e espazos da Sede Central da EOI de Vigo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut