Aquí pode ver información detallada sobre as taxas de matrícula oficial, incluíndo as exencións. As taxas das EOI de Galicia están reguladas polo Decreto 89/2013 do 13 de xuño (DOG do 17/06).
Desglose de conceptos:
Apertura de expediente: 22,00€ (só alumnado que se matricula por primeira vez nunha EOI de Galicia)
Matrícula por cada idioma ou nivel: 46 €
Exencións:
- Familias numerosas de categoría especial: exención do 100%.
- Familia numerosa de categoría xeral: exención do 50% do importe total.
- Funcionarios dos corpos docentes establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE do 04/05): exención das taxas de matrícula, únicamente nas materias de nova matriculación.
- As persoas cun grao de minusvalía igual o superior ao 33%: exención do 100%.
- As vítimas de actos terroristas, así como os seus cónxuxes e fillos: exención do 100%.
- Violencia de xénero: 100%
En todos os casos deberase acreditar documentalmente o dereito ás exencións.