Información relativa as taxas, exencións e modo de pagamento da matrícula.

Aquí pode ver información detallada sobre as taxas de matrícula oficial, incluíndo as exencións. As taxas das EOI de Galicia están reguladas polo Decreto 89/2013 do 13 de xuño (DOG do 17/06). 

IMPORTANTE: O alumnado con anulación de matrícula por falta de pagamento no curso 2023/24, deberá aboar as cantidades adebedadas para poder formalizar a súa matrícula.

 

PAGO ONLINE

Desglose de conceptos: 

  • Apertura de expediente: 22,00€ (só alumnado que se matricula por primeira vez nunha EOI de Galicia)
  • Servizos xerais: 13,00€
  • Matrícula por cada idioma e réxime oficial: 92,00€ por cada idioma.

Exencións: 

  • Familias numerosas de categoría especial: exención do 100%.
  • Familia numerosa de categoría xeral: exención do 50%  do importe total.
  • Funcionarios dos corpos docentes establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE do 04/05): exención das taxas de matrícula, únicamente nas materias de nova matriculación.
  • As persoas cun grao de minusvalía igual o superior ao 33%: exención do 100%.
  • As vítimas de actos terroristas, así como os seus cónxuxes e fillos: exención do 100%.
  • As víctimas de violencia de xénero, así como as súas proxenitoras: exención do 100%.

ALUMNADO ANTIGO (1)   

 

1 idioma

2 idiomas

3 idiomas

 Matrícula Ordinaria

105

 197

289

 Familia numerosa xeral

 52,50

 98,50

 144,50

 Familia numerosa especial

 0

 0

 0

 Minusvalías, outros

 0

 0

 0

 Funcionarios/as corpos docentes

 13

 13

 13

 ALUMNADO NOVO(2)  

 Matrícula Ordinaria

 127

 219

 311

 Familia numerosa xeral

63,50

109,50

 155,50

 Familia numerosa especial

 0

 0

 0

 Minusvalías, outros

 0

 0

 0

 Funcionarios/as corpos docentes

 35

 35

 35

 (1)   Por alumnado antigo enténdese o alumnado que xa estivo algunha vez matriculado nunha EOI de Galicia.

 (2)   Por alumnado novo enténdese o alumnado que se matrícula por primeira vez nunha EOI de Galicia.

 

En todos os casos deberase acreditar documentalmente (con copia e orixinal) o dereito ás exencións.

 

PAGO APRAZADO.

Os prezos públicos correspondentes ás contías referidas ao concepto de matrícula (92 euros) poderán fraccionarse en dous pagamentos do 50% cada un. 

O primeiro pagamento fraccionado farase no momento de formalizar a matrícula mediante o impreso de autoliquidación de taxas.

Para o segundo prazo debe presentar o documento cos 20 díxitos da conta bancaria para a domiciliación do pagamento fraccionado, cuberto e asinado, xunto co certificado da conta bancaria, onde consten o IBAN e a titularidade do/da alumno/a, nunha das entidades colaboradoras.

PROCEDEMENTO PARA ABOAR AS TAXAS:

Teña en conta o seguinte: 

· Non faga o pagamento se non ten adxudicada unha praza no curso e idioma escollidos polo procedemento en-liña.

· Comprobe ben os importes: o centro non poderá devolver as cantidades incorrectamente ingresadas.

· Deberá acreditar documentalmente (original e copia) o dereito ás exencións de prezos públicos.

  

Pode efectuar o pagamento de dous xeitos diferentes:

 

NAS ENTIDADES BANCARIAS:

O pagamento realizarase mediante o impreso de autoliquidación MODELO E (que pode retirar  na secretaría do centro e cubrilo consignando os seus datos persoais e os códigos de tramitación* ou ben mediante o MODELO AI (cuberto e xerado en formato electrónico nesta ligazón).

Consigne nos impresos o importe da matrícula que ten que pagar.

Efectúe presencialmente o ingreso do importe en calquera das entidades bancarias que figuran maís abaixo.

Presente os dous resgardos que lle devolva o banco na secretaría do centro xunto coa demais documentación de matrícula. 

BANCOS NOS QUE SE PODE ABOAR A MATRÍCULA:

• Banco Santander

    • Bancos Sabadell

    • BBVA

    • Targobank

    • Evo Banco

    • Bankia

    • Abanca

    • Ibercaja

    • Caixabank

    • Caja Rural Galega

    • Caja Rural Zamora

 

 

POR INTERNET:

Acceda á Oficina Virtual Tributaria da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia nesta ligazón. Consigne os seus datos persoais e os códigos de tramitación* e dea a orde de pago.

Para que este trámite teña validez, a aplicación deberálle xerar un xustificante de pago (modelo 730), no que conste un código seguro de verificación (CSV), composto de 16 caracteres alfanuméricos.

Presente unha copia deste modelo na secretaría do centro xunto coa demais documentación de matrícula. Posteriormente, a secretaría do centro contrastará os datos do pagamento a través da Consellería de Economía e Facenda.

 

* CÓDIGOS DE TRAMITACIÓN

Consellería de Cultura, Educación e O. Universitaria

 07

Delegación de Lugo

 20

Servizo: Ensino Medio

 03

Taxa: Escolas Oficiais de Idiomas

350800

Idiomas en Ribadeo

Na escola de idiomas de Ribadeo podes estudar e aprender estes idiomas: