A EOI de Ribadeo ofrece cursos en catro idiomas: ALEMÁN, FRANCÉS, INGLÉS e ITALIANO nos niveis BÁSICO (A1 e A2), INTERMEDIO (B1 e B2) e AVANZADO (C1 e C2*)
*C2 actualmente só en inglés.
TIPOS DE CURSOS:
Cursos anuais
A duración de cada curso nos distintos niveis será de 120 horas ao longo do curso académico. Os grupos correspondentes a estes cursos teñen unha carga lectiva de 4 horas semanais, distribuídas, con carácter xeral, en dúas sesións lectivas semanais de 2 horas cada unha, preferentemente en días alternos.
Cursos semipresenciais
Modalidade semipresencial C1.1 de italiano,C1 e C2 de inglés. As 120 horas de duración destes cursos distribúense en 60 horas de ensinanza presencial e 60 horas de ensinanza en liña. A organización das ensinanzas de idiomas de réxime especial na modalidade semipresencial conta coa autorización da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional
Cursos de competencias
A EOI de Ribadeo oferta cursos de competencia xeral que inclúen as actividades de comprensión de textos orais e escritos, de produción e coprodución de textos orais e escritos e de mediación para cada nivel, ou por competencias parciais correspondentes a unha ou máis das ditas actividades de lingua.
Cursos de competencias orais para docentes (FOR)
Curso de práctica das destrezas orais para docentes en inglés do nivel B2. O curso será de 60 horas no primeiro cuatrimestre en colaboración co Centro de Formación e Recursos(CFR).
Cursos CALC
Curso de formación dirixido ao profesorado en colaboración co Centro de Formación e Recursos(CFR). De 60 horas de duración, no segundo cuatrimestre de nivel C1.