PRAZO de matrícula: do 22/07/2024 ás 09:00 horas ao 20/09/2024 ás 23:59 horas.
(ou ata que se cubran as prazas en cada un dos grupos)
Para alumnado que non se matriculase nos prazos anteriores, alumnado que non fose admitido na preinscrición ou non participase no proceso de preinscrición.
⇩ Preme nas seguintes ligazóns
|
⇩ Preme nas seguintes ligazóns para saber que
|
|
Información xeral sobre a
|
Documentación para formalizar a
|
|
|
|
|
Consulta os horarios do curso
2024-2025 ↩ |
Cómo pagar as taxas da
|
A matrícula en modalidade oficial está dirixida ao alumnado que desexa asistir aos cursos presenciais e semipresenciais que se ofertan na EOI de Lugo e está regulada pola Resolución do 16 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a preinscrición, a admisión, a matrícula e a organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2024/25 ↩ (DOG do 30 de maio).
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade da documentación que presenten. As escolas poderanlle solicitar ao alumnado que presente os documentos orixinais para cotexar as copias electrónicas da documentación que presente. A documentación só se pode presentar de xeito telemático. Desde o centro comunicaráselle a cada alumno por correo electrónico o estado da matrícula. Importante: Debe saber que a posta en marcha do grupo da súa elección dependerá do número mínimo de persoas inscritas que o xustifique. |