Nesta páxina atopará a seguinte información sobre os cursos de linguaxe administrativa galega medio e superior.
Cuadrimestre |
Cursos |
Data de comezo |
Data de finalización |
Primeiro | dous cursos de linguaxe administrativa media | 30 de setembro de 2024 | 1 de decembro de 2024 |
Segundo |
un curso de linguaxe administrativa media |
10 de febreiro de 2025 | 27 de abril de 2025 |
De xeito excepcional, a Dirección Xeral de Formación Profesional poderá modificar as datas de inicio e remate dos cursos. Nese caso, o alumnado será informado coa suficiente antelación a través da aula virtual.
Requisitos para o acceso aos cursos
Os cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio (LAM) e superior (LAS) van dirixidos aos empregados/as públicos/as da Administración autonómica, da Administración local e da Administración periférica do Estado na Comunidade Autónoma de Galicia, exceptuando o persoal docente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o persoal sanitario, non entendendo por tales os empregados públicos da escala de saúde pública e administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.
Toda persoa solicitante deberá encontrarse en situación de servizo activo, permiso por parto ou maternidade, adopción ou acollemento, ou ben en excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familia. As persoas que ao inicio do curso se atopen en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedarán automaticamente excluídas da listaxe do persoal seleccionado.
Para acceder ao nivel medio: Os/as aspirantes deberán estar en posesión dalgún dos certificados seguintes: Celga 4, cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, curso básico de linguaxe administrativa galega, curso básico para o persoal da Administración de xustiza ou curso básico de linguaxe administrativa sanitaria.
Para acceder ao nivel superior: Os/as aspirantes deberán estar en posesión dalgún dos certificados seguintes: curso medio de linguaxe administrativa galega, curso medio de linguaxe xurídica galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes, que se establecen no punto 2 do artigo 5 da Orde do 13 de xuño de 2011 (DOG núm. 121, do 24 de xuño) pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas.
Poderán tamén solicitar a realización destes cursos as persoas maiores de dezaseis anos que non sexan empregados/as públicos/as e posúan os certificados ou acreditacións equivalentes recollidos nos parágrafos anteriores. Neste suposto só se poderá optar ás prazas ofertadas para cada curso no caso de que estas non sexan cubertas por empregados/as públicos/as.
As persoas solicitantes destes cursos poderán facer unha única solicitude de inscrición por cuadrimestre con tres preferencias priorizadas de grupos. En caso de adxudicación de praza en máis dun curso, o/a alumno/a deberá optar por un só curso nunha soa escola.
IMPORTANTE: O proceso de matrícula faise EN LIÑA na súa totalidade neste enderezo↩
Curso 2024-2025 |
Primeiro cuadrimestre (setembro-decembro) |
Segundo cuadrimestre (febreiro-maio) |
Prazo de presentación de solicitudes (1) |
Do 1 ao 12 de xullo nesta aplicación web ↩ |
Do 11 ao 22 de novembro nesta aplicación web ↩ |
Datas de asignación de prazas (2) | No momento de cubrir o formulario de inscripción, asignarase un número a cada solicitude que será utilizado no sorteo no que se asignarán as prazas. Este sorteo farase en acto público os seguintes dias | |
15 de xullo, ás 10.00 horas, na EOI de Vilagarcía de Arousa | 25 de novembro, ás 10.00 horas, na EOI de Vilagarcía de Arousa | |
Consulta a admisión no grupo solicitado na aplicación web |
16 de xullo nesta aplicación web ↩ |
26 de novembro nesta aplicación web ↩ |
Prazos de formalización de matricula (3) | Do 16 ao 19 de xullo de 2024 nesta aplicación web ↩ | Do 26 ao 29 de novembro de 2024 nesta aplicación web ↩ |
Presentación da documentación e formalización da matrícula
Unha vez rematado o proceso de asignación de prazas, a documentación presentarase telemáticamente desde a aplicación de preinscrición e matricula ↩
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As escolas poderanlle solicitar ao alumnado a presentación dos documentos orixinais para o cotexo da copia electrónica presentada. De ser ese o caso, a falta de presentación destes documentos no prazo establecido dará lugar á exclusión da persoa solicitante previamente seleccionada e a escola poderá dispor da súa praza para ser ocupada pola persoa correspondente da lista de espera.
Nos prazos establecidos para cada un dos cuadrimestres: débese enviar a seguinte documentación a través da aplicación de preinscrición e matricula ↩
Unha copia do DNI (por ambas caras) ou NIE (esta non será necesaria se a persoa xa foi alumna desa escola)
O xustificante de ser persoal das diferentes administracións públicas de Galicia en situación de servizo activo ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar. (excepto o personal docente da Consellería de Educación e o personal sanitario)
Certificado acreditativo do grao de discapacidade, de ser o caso.
Certificado que acredite que a persoa está gozando ou gozou nos últimos dous anos dunha licenza de maternidade, un permiso de paternidade, unha redución de xornada ou unha excedencia para o coidado de familiares, de ser o caso
Para o curso medio de linguaxe administrativa, algún dos certificados establecidos no número 3 do punto décimo desta resolución ↩
Para o curso superior de linguaxe administrativa, algún dos certificados establecidos no número 4 do punto décimo desta resolución ↩
O alumnado admitido nestes cursos deberá activar correctamente unha conta de usuario «edu.xunta.gal», con carácter previo á data de inicio do curso e dentro do prazo que fixe a coordinación dos cursos. De non facelo así, será excluído do curso e incluirase a persoa correspondente da listaxe de agarda.
O alumnado con necesidades educativas especiais fará constar na solicitude a súa condición de discapacidade. A escola poñerá esta circunstancia en coñecemento dos equipos de orientación específicos dependentes da Dirección Territorial respectiva, no prazo máximo dun mes, contado a partir do último día establecido para a presentación da documentación (punto quinto da resolución), para que se determinen as adaptacións pertinentes.
Duración e avaliación dos cursos de linguaxe administrativa galega
Os cursos medio e superior de linguaxe administrativa galega terán unha duración de 75 horas .
Os contidos axustaranse ao sinalado anexos I e II, respectivamente, da Orde do 13 de xuño de 2011 ↩ (DOG núm. 121, do 24 de xuño) pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas.
A avaliación que se efectúe nestes cursos será progresiva e continua, e terá en conta, entre outros elementos, o dominio da materia, a visualización dos contidos na aula virtual e a realización das actividades e das probas programadas. Pode consultar os requisitos obrigatorios para a superación destes cursos na resolución que convoca os cursos ↩
As probas finais, de carácter presencial, serán elaboradas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e terán carácter unificado. Constarán de dúas partes, unha escrita e outra oral. A non realización das actividades obrigatorias dos módulos dos cursos suporá a perda automática do dereito a participar na proba final.
Para adquirir o dereito ao diploma é necesario superar o conxunto das partes, actividades obrigatorias e probas finais, segundo o sistema de avaliación establecido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, e cumprir os demais requisitos sinalados con anterioridade.
Datas das probas escritas
A proba escrita realizarase de forma presencial nos lugares que se determinen nas datas e horas que se indican a seguir:
Primeiro cuadrimestre
Nivel | Proba final escrita (1) | Horario | Publicación de notas (2) |
Medio | 4 de decembro de 2024 | 10.00 horas | 19 de decembro de 2024 |
Superior | 4 de decembro de 2024 | 12.00 horas |
Segundo cuadrimestre
Nivel | Proba final escrita (1) | Horario | Publicación de notas (2) |
Medio | 30 de abril de 2024 | 10.00 horas | 14 de maio de 2025 |
Superior | 30 de abril de 2024 | 12.00 horas |
As datas das probas orais serán fixadas por cada EOI. Informarase ao alumnado cunha antelación mínima dunha semana con respecto á súa realización. Estas datas faranse públicas na aula virtual.
Unha vez rematado o proceso de avaliación, o alumnado poderá consultar a súa cualificación na aplicación↩ en que fixo a inscrición.
Ao alumnado que acade a cualificación de apto/a remitiráselle por correo electrónico o correspondente certificado asinado pola persoa responsable da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
De xeito excepcional, a Dirección Xeral de Formación Profesional poderá modificar as datas de inicio e remate dos cursos, así como as datas de realización das probas finais dos cursos de linguaxe administrativa galega e da publicación das cualificacións. Nese caso,o alumnado será informado coa suficiente antelación a través da aula virtual.
As reclamacións relacionadas coa cualificación outorgada presentaranse ante a dirección da escola respectiva nun prazo de 5 días lectivos, contados a partir do seguinte ao da publicación dos resultados. A dirección da escola remitirá estas reclamacións á Secretaría Xeral de Política Lingüística para seren estudadas por unha comisión técnica de avaliación, que estará formada polo/a subdirector/a xeral de Política Lingüística, polo/a coordinador/a de cursos de linguaxes específicas e por 2 lingüistas da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Esta comisión emitirá un informe, nun prazo non superior a 10 días hábiles, para o que poderá solicitar información do profesorado que titorizou o curso. Este informe servirá de base para a resolución por parte da dirección da escola.
De continuar en desacordo coa cualificación, o alumnado poderá interpoñer un recurso de alzada ante a Dirección Territorial da consellería competente en materia de educación contra a resolución da dirección da escola, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa recepción.