Cursos Celga 2024-2025

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

 

 

Nesta páxina atopará a seguinte información sobre os cursos Celga

  • Oferta horaria para os cursos Celga 
  • Que son os cursos Celga e para quen son
  • Contidos e certificación
  • Prazos de inscrición curso 2024-25
  • Documentación e formalización da matrícula para o curso 2024-25

Oferta horaria para os cursos Celga 2024-25

Prema nesta ligazón  para informarse sobre a oferta horaria dos cursos Celga para este curso académico.


 Que son os cursos Celga e para quen son?

Celga é o sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas. Mais información aquí: O portal da lingua galega.

Na EOI de Lugo impártense cursos preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega (Celga). Poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa competencia en lingua galega.

Cada curso terá unha duración de 60 horas lectivas


Contidos e certificación 

Os cursos axustaranse aos contidos sinalados no anexo III da Orde do 16 de xullo de 2007  (DOG núm. 146, do 30 de xullo) pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga). 

A realización do curso non dará dereito a ningún tipo de certificación, por tratarse dun curso preparatorio para as probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega Celga, cuxa expedición lle compete á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

As probas para a obtención da certificación véñense convocando dúas veces ao ano pola Secretaría Xeral da Lingua e, de ser superadas, darán dereito á expedición dos correspondentes certificados por parte da Secretaría Xeral da Lingua.


Solicitudes e prazos de inscrición 

As persoas solicitantes destes cursos poderán facer unha única solicitude de inscrición por cuadrimestre con tres preferencias priorizadas de grupos. En caso de adxudicación de praza en máis dun curso, o/a alumno/a deberá optar por un só curso nunha soa escola.

IMPORTANTE: O proceso de matrícula faise EN LIÑA na súa totalidade neste enderezo

Curso 2024-2025

Primeiro cuadrimestre

(setembro-decembro)

Segundo cuadrimestre

(febreiro-maio)

Prazo de presentación de solicitudes (1)

Do 1 ao 12 de xullo nesta aplicación web 

Do 11 ao 22 de novembro nesta aplicación web 

Datas de asignación de prazas (2) No momento de cubrir o formulario de inscripción, asignarase un número a cada solicitude que será utilizado no sorteo no que se asignarán as prazas. Este sorteo farase en acto público os seguintes dias
 15 de xullo, ás 10.00 horas, na EOI de Vilagarcía de Arousa 25 de novembro, ás 10.00 horas, na EOI de Vilagarcía de Arousa

Consulta a admisión no grupo solicitado

na aplicación web

 16 de xullo nesta aplicación web 

26 de novembro nesta aplicación web 

Prazos de formalización de matricula (3) Do 16 ao 19 de xullo de 2024 nesta aplicación web  Do 26 ao 29 de novembro de 2024 nesta aplicación web 
  1. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente os datos necesarios para realizar o proceso selectivo do alumnado, non se axusten ao formulario de solicitude ou sexan presentadas fóra de prazo.

  2. Os cursos terán un número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 25. Se un curso ten un número de solicitantes que cumpran os requisitos maior que o número de prazas dispoñibles, a asignación farase por sorteo. Para a asignación de prazas o sistema informático obterá un número de corte por curso a partir do cal se asignarán as vacantes dispoñibles, este número obtense aleatoriamente entre todos os números asignados a cada solicitante dese curso.

  3. Se resulta admitido, deberá formalizar a matrícula na aplicación e presentar a documentación nos prazos establecidos.

Presentación da documentación e formalización da matrícula

Unha vez rematado o proceso de asignación de prazas, a documentación presentarase telemáticamente desde o mesmo enderezo da preinscrición (premer aquí 

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As escolas poderanlle solicitar ao alumnado a presentación dos documentos orixinais para o cotexo da copia electrónica presentada. De ser ese o caso, a falta de presentación destes documentos no prazo establecido dará lugar á exclusión da persoa solicitante previamente seleccionada e a escola poderá dispor da súa praza para ser ocupada pola persoa correspondente da lista de espera.

Nos prazos establecidos para cada un dos cuadrimestres, débese enviar a seguinte documentación a través da aplicación de preinscrición e matricula 

– Unha copia do DNI ou NIE por ambas caras (non será necesaria se a persoa xa foi alumna da escola). No caso de identificarse cun documento distinto do DNI ou NIE, a persoa aspirante terá que realizar o trámite na oficina administrativa da escola.

– O certificado de discapacidade, de ser o caso. 

Alumnado con necesidades educativas especiais

O alumnado con necesidades educativas especiais fará constar na solicitude a súa condición de discapacidade. A escola poñerá esta circunstancia en coñecemento dos equipos de orientación específicos dependentes da dirección territorial respectiva, no prazo máximo dun mes, contado a partir do último día establecido para a presentación da documentación (punto quinto da resolución), para que se determinen as adaptacións pertinentes.


  

AdxuntoTamaño
Oferta cursos celga 2024-25.pdf152.87 KB