Bolseiros

Bolseiros

 

Bolsas do Ministerio de Educación para estudos post-obrigatorios (2024-2025) 

  -Prazo de presentación de solicitudes: do 19 de marzo ao 10 de maio (ambos incluídos)

Como pagar as taxas en liña (Na oficina virtual tributaria) 


 

DECRETO 89/2013, do 13 de xuño, Artigo 7 : Quedará exento do pagamento de prezos públicos o alumnado que reciba bolsas ou axudas ao estudo con cargo a fondos públicos. 

 

Esta circunstancia deberá acreditarse coa correspondente documentación xustificativa de ter solicitado a axuda ou bolsa para estudos de idiomas. 

 

Unha vez resolta a convocatoria de bolsas, o alumnado que resultara beneficiario deberá presentar a súa credencial de bolseiro na secretaría do centro onde se atope matriculado, e o centro deberá conservar unha copia compulsada no expediente. 

 

En caso de non resultar beneficiario, o alumnado deberá aboar os prezos correspondentes á matrícula, e, se for o caso, á apertura de expedientes, e aos servizos xerais, xunto cos xuros de demora correspondentes, que efectuará nun único pagamento, no prazo dun mes desde a publicación ou notificación da resolución pola que se concedan e/ou denegan as bolsas. 

 

No caso de non efectuar o pagamento procederase á anulación da matrícula en todas as materias, e para todos os efectos.