Taxas na matrícula dos cursos monográficos

Taxas na matrícula dos cursos monográficos 

 

Como pagar as taxas en liña (Na oficina virtual tributaria) 

Exemplos: Apertura expediente Servizos xerais Taxas docencia do curso Total

1) ALUMNADO ORDINARIO NOVO

(1ª matrícula nunha EOI de Galicia)

22€ 13€ 30 horas= 45€ 80€
22€ 13€ 60 horas= 90€ 125€
2) ALUMNADO ORDINARIO ANTIGO 
(non matriculado na EOI Lugo este curso)
0€ 13€ 30 horas= 45€ 58 €
0€ 13€ 60 horas= 90€ 103€
3) ALUMNADO ORDINARIO
(matriculado na EOI Lugo este curso) 
0€ 0€ 30 horas= 45€ 45€
0€ 0€ 60 horas= 90€ 90 €

Apertura de expediente: 22€ (só alumnado que se matricula por primeira vez nunha EOI de Galicia. Págase só unha vez.

Servizos Xerais: 13€ (Págase anualmente, pero só unha vez ao ano)

 

Importante: Nesta modalidade non se pode fraccionar o pago das taxas.

 

 

Códigos de pagamento

*CÓDIGOS DE TRAMITACIÓN

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

07

Delegación de Lugo

20

Servizo: Ensino Medio

03

Taxa: Escolas Oficiais de Idiomas 

350800

 

Exencións e descontos: 

Importante: En todos os casos deberase acreditar documentalmente o dereito ás exencións.

  • Familias numerosas de categoría especial: exención do 100%.

  • Familias numerosas de categoría xeral: exención do 50% do importe total.

  • Funcionarios en activo dos corpos docentes establecidos na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE do 04/05): exención das taxas de matricula, unicamente nas materias de nova matriculación, é dicir, as taxas de docencia se non é repetidor. Non están exentos da apertura de expediente nin dos servizos xerais (Débese achegar certificación da Dirección Territorial)

  • As persoas cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%: exención do 100%

  • As vítimas de actos terroristas, así como seus cónxuxes e fillos: exención do 100%

  • As vítimas de violencia de xénero, así como os seus fillos: exención do 100%