Taxas na matrícula oficial con pago fraccionado

Taxas na matrícula oficial con pago fraccionado

 

Como pagar as taxas en liña (Na oficina virtual tributaria) 

Segundo o DECRETO 89/2013, do 13 de xuño, artigo 4 (DOG 114 do 17 de xuño), o alumnado na modalidade oficial  pode fraccionar o pago en dous prazos: 50% no momento de formalizar a matrícula e o resto durante o mes de xaneiro do ano seguinte. En todo caso, deberá indicarse no impreso correspondente a opción elixida. 

No caso de optar polo pago fraccionado da matrícula oficial, débense seguir estes pasos e achegar a seguinte documentación:

  • En CentrosNet: indicaranse na aplicación os 20 díxitos da conta bancaria para a domiciliación do pagamento fraccionado,

  • Achegarase o certificado da conta bancaria, onde consten o IBAN e a titularidade desta nunha das entidades colaboradoras. 

  • No caso de que a/o alumna/o non sexa titular da conta indicada, deberá achegar xunto coa documentación da titularidade unha autorización de domiciliación asinada pola persoa titular da conta.

A non asistencia de xeito regular a clase ou mesmo a renuncia ao curso non exime do pago íntegro da matricula.

A falta de pagamento do segundo prazo dos prezos públicos, cando se opte por fraccionar este, producirá automaticamente a anulación da matrícula en todas as disciplinas e suporá a perda das cantidades correspondentes ao primeiro prazo dos prezos públicos. 

O alumnado con anulación de matrícula por falta de pagamento no curso anterior, deberá aboar previamente as cantidades pendentes de pagamento para formalizar a nova matrícula no presente curso.

Taxas con pago fraccionado

 

Apertura expediente

Servizos xerais

Docencia por cada idioma 

Total matrícula oficial 

1º prazo 

2º prazo

Total       

(1 idioma)

1) ALUMNADO ORDINARIO NOVO 

22€

13€

92€

81€

46€

127 €

2) ALUMNADO ORDINARIO ANTIGO 

0€

13€

92€

59€

46€

105 €

3) ALUMNADO

ORDINARIO (con

matrícula adicional)

0€

0€

92€

46€

46€

92 €

Desglose: no primeiro prazo débense abonar os seguintes conceptos (de ser o caso): apertura de expediente+ servizos xerais+ 50% docencia por idioma. No segundo prazo abonase o 50% que resta da docencia por idioma.

 

Códigos de pagamento

*CÓDIGOS DE TRAMITACIÓN

Consellería de Cultura, Educación e O.U.

07

Delegación de Lugo

20

Servizo: Ensino Medio

03

Taxa: Escolas Oficiais de Idiomas 

350800

 

Exencións e descontos: 

Importante: En todos os casos deberase acreditar documentalmente o dereito ás exencións.

  • Familias numerosas de categoría especial: exención do 100%.

  • Familias numerosas de categoría xeral: exención do 50% do importe total.

  • Funcionarios en activo dos corpos docentes establecidos na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE do 04/05): exención das taxas de matricula, unicamente nas materias de nova matriculación, é dicir, as taxas de docencia se non é repetidor. Non están exentos da apertura de expediente nin dos servizos xerais (Débese achegar certificación da Xefatura Territorial)

  • As persoas cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%: exención do 100%

  • As vítimas de actos terroristas, así como seus cónxuxes e fillos: exención do 100%

  • As vítimas de violencia de xénero, así como os seus fillos: exención do 100%